Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13252

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (820/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 820/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles Martínez Ibon contra Tekma Automatismos, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e ditame son do teor literal:

Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 820/2016.

Demandante: María Ángeles Martínez Ibon.

Letrada: Sra. Barreiro Vilas.

Demandado: Tekma Automatismos, S.L.

Fogasa.

Letrada: Sr. Crespi Rodríguez.

Sentenza.

A Coruña, 20 de febreiro de 2017.

Resolución.

Desestimo a acción sobre despedimento formulada por María Ángeles Martínez Ibon fronte á empresa Tekma Automatismos, S.L. ao concorrer a excepción de caducidade da acción e, en consecuencia, absolvo esta dos pedimentos formulados fronte a ela en relación con tal acción.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de reforzo do Social da Coruña

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Tekma Automatismos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza