Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13250

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (36/2017).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 36/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raúl Antonio Faria Gonzalves contra Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Raúl Antonio Faria Gonzalves contra a entidade Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 9 de decembro de 2016, e condeno a que a entidade Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L., no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 47,82 euros diarios, ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 394,52 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza