Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13249

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira

EDICTO (284/2016).

Eu, Nuria Ramudo Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira, polo presente, anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Miguel José Pita fronte a Kenia Moreira ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

En Ortigueira o trinta e un de xaneiro de dous mil dezasete.

Vistos por min, Diana Vales Laguna, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Ortigueira, os presentes autos de divorcio contencioso rexistrados co número 284/2016 nos cales interviñeron, como demandante Miguel José Pita Hernández, asistido do letrado J. Raúl Meizoso Meizoso e representado pola procuradora Consuelo García García, e como demandada Kenia Moreira dos Santos, declarada en rebeldía procesual...

Decido que, estimando totalmente a demanda presentada pola procuradora Consuelo García García, en nome e representación de Miguel José Pita Hernández, debo acordar e acordo a disolución por divorcio do matrimonio formado por Miguel José Pita Hernández e Kenia Moreira dos Santos con todos os efectos previstos na lei...

E encontrándose a devandita demandada, Kenia Moreira, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ortigueira, 7 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza