Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 3 de marzo de 2017, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00359-O-2016 e once máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador LU-00359-O-2016 e once máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 544 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2017

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00359-O-2016

6818-GYL

Luxoflor, C.B.

E70272398

A utilización do tacógrafo sen realizar o seu calibrado ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

21.1.2016; 14.00; N642; 51,0

Art. 140.34 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

LU-00554-O-2016

7881-CNK

Servicarsoil, S.L.

B27356088

Realizar transporte privado de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP.

29.2.2016; 9.00; NVI; 543,8

Art. 140.18 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-00996-O-2016

9646-FVW

Xanela Inversiones, S.L.

B36531671

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

4.11.2015; 20.45; PO531; 3,3

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-01704-O-2016

7264-GDC

Trami Trucks World, S.L.

B70307293

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

7.1.2016; 20.25; PO531; 4,5

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-01725-O-2016

2816-HFL

Nieto Ares, S.L.

B36283331

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

15.1.2016; 23.37; AP9; 128,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-02010-O-2016

5642-DJC

Pescados Rodomar, S.L.

B94117801

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

5.2.2016; 00.39; AP9V; 4,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-02039-O-2016

5642-DJC

Pescados Rodomar, S.L.

B94117801

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar.

5.2.2016; 00.39; AP9V; 4,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-02051-O-2016

5642-DJC

Pescados Rodomar, S.L.

B94117801

Realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP.

5.2.2016; 00.39; AP9V; 4,0

Art. 140.18 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

XC-00356-O-2016

8278-CBC

Hermanos Pallas, S.L.

B15060320

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

10.1.2016; 14.30; AP9; 18,5

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-00408-O-2016

5815-JBG

Trabegons, S.L.

B36177087

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta, ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non conste no seu poder.

13.1.2016; 9.18; N634; 709,5

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

XC-00425-O-2016

8171-FBH

Francisco Nogueira Castro

76325722S

A condución durante máis de seis horas sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 6 horas e inferior ou igual a 8 horas.

15.1.2016; 11.22; N550; 47,3

Art. 140.37.4 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-00426-O-2016

8171-FBH

Francisco Nogueira Castro

76325722S

A condución durante máis de seis horas sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 6 horas e inferior ou igual a 8 horas.

15.1.2016; 11.17; N550; 47,3

Art. 140.37.4 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros