A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador LU-00603-O-2016 e seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.
Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas en praza de Europa, 5A, 2º en Santiago de Compostela.
Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
No caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobro pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2017
David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
Expediente Matrícula |
Persoa sancionada DNI/CIF |
Infracción cometida Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
LU-00603-O-2016 8839-CYW |
Transportes Torices, S.L. B27455922 |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante. 10.3.2016; 13.00; polígono industrial O Ceao; 0,0 |
Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT |
Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT |
801 euros |
LU-00762-O-2016 5086-FCP |
Badiartrucks, S.L. B65862104 |
Diminución do descanso diario fraccionado en máis de 1 hora (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas. 14.4.2016; 12.15; AG64; 55,9 |
Art. 141.24.4 LOTT |
Art. 143.1.d) LOTT |
401 euros |
LU-00844-O-2016 6494-HBH |
Trami Trucks World, S.L. B70307293 |
Diminución do descanso diario, en condución en equipo, en máis de 1 hora (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas. 1.4.2016; 18.00; A6; 529,0 |
Art. 141.24.4 LOTT |
Art. 143.1.d) LOTT |
401 euros |
PO-01085-O-2016 2463-GMJ |
Jorge Daniel Maquieira Carreiro 36129630B |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante. 12.11.2015; 12.00; AP9; 137,5 |
Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT |
Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT |
801 euros |
PO-01465-O-2016 4034-DXC |
Envases do Salnés, S.L. B36517134 |
Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante. 2.12.2015; 19.53; AP9; 137,5 |
Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT |
Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT |
801 euros |
PO-01615-O-2016 2315-HRL |
Cía. Protección y Vigilancia Galaica, S.A. A15922198 |
Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 9.12.2015; 12.00; VG-20; 2 |
Art. 142.8 LOTT |
Art. 143.1.b) LOTT |
201 euros |
XC-00145-I-2016 8546-FVP |
Manuel Santos Abalo 36016513P |
A desatención total ou parcial ás instrucións ou requirimentos dos membros da inspección do transporte terrestre ou das forzas encargadas da vixilancia do transporte na estrada cando non deba cualificarse como moi grave. 21.1.2016; 11.20 |
Art. 141.4 LOTT |
Art. 143.1.f) LOTT |
801 euros |