Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13204

IV. Oposicións e concursos

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2017 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante anunciado por Resolución do 26 de decembro de 2016.

Por Resolución do 26 de decembro de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia número 6 do 10 de xaneiro de 2017, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante no Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) que se detalla no anexo desta resolución.

De conformidade co disposto no artigo 7.3 do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia e demais normativa vixente, este instituto

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Resolución do 26 de decembro de 2016 e designar a persoa, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 7.3 de V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días, se non implica cambio de residencia, ou de sete, se comporta cambio de residencia.

Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal a partir da data de alta.

Terceiro. A xefatura de Persoal do centro onde cause baixa a persoa seleccionada, así como a daquel en que acada o destino, efectuará, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a presidenta do Intecmar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vilaxoán, 20 de febreiro de 2017

Rosa Mª Quintana Carballo
Presidenta do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

ANEXO

Apelidos e nome: Molares Vila, José.

Número de rexistro de persoal: 3604227535 A2068.

Corpo ou escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de biólogos.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto de traballo: subdirector/a do Intecmar.

Código do posto de traballo: 410002.

Grupo: I.

Centro directivo: Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar)

Dependencia: Dirección do Intecmar.

Localidade: Vilaxoán.