Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13342

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO sobre a aprobación definitiva do estudo de detalle de ordenación de volumes para a ampliación de instalacións do Coruña British School (expediente 631/2016/46).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 6 de febreiro de 2017, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación de volumes para a ampliación das instalacións do Coruña British School, sito na rúa Roma, 1, no lugar da Zapateira (A Coruña), promovido pola entidade O Castro British School A Coruña, S.L.

Segundo. Dilixenciar o documento aprobado e ordenar o cumprimento dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento de desenvolvemento desta, para procurar a entrada en vigor do referido estudo de detalle.

Terceiro. Notificarlles este acordo ao promotor, aos titulares catastrais e aos Servizos municipais interesados na súa tramitación».

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de calquera outro que xulgue procedente.

A Coruña, 15 de febreiro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Concelleiro responsable de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda