Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13341

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO da licitación de concesións administrativas para uso privativo de diversos postos da praza de abastos.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Barco de Valdeorras. Praza do Concello, nº 2, 32300 Ourense. Órgano de contratación: Alcaldía e determinados actos da Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: concesión do uso privativo dos postos da praza de abastos: lote 1, postos comúns (3, 9 e 14). Lote 2, «marca Excelencia, produtos tradicionais de Galicia e Norte de Portugal», posto 15A.

3. Procedemento e tramitación: aberto, ordinaria. Criterios de adxudicación: fomento de emprego, memoria actividade e canon concesional.

4. Prazo de concesión: dez (10) anos, prorrogable ata un máximo de dúas veces, por períodos de cinco (5) anos.

5. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do valor da concesión de cada posto.

6. Obtención de documentación e información: Concello do Barco de Valdeorras. Praza do Concello, nº 2, 32300 Ourense. Teléfono: 988 32 02 02. Telefax: 988 32 59 78. Correo electrónico: auxiliar.secretaria@concellodobarco.org. Perfil do contratante: www.concellodobarco.org

7. Presentación de ofertas: trinta (30) días naturais desde a última das seguintes publicacións: deste anuncio no DOG ou do anuncio de licitación no BOP, DOG e no perfil do contratante deste concello.

O Barco de Valdeorras, 24 de febreiro de 2017

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde