Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13668

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2017 polo que se corrixen os erros do anuncio de convocatoria de participación no Plan internacional de promoción para pemes, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea.

missing image file

Advertidos erros no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia do 23 de febreiro de 2017 (DOG núm. 38, páxina da 9191 á 9193), cómpre efectuar as oportunas correccións:

A epígrafe do organismo publicador baixo a cal se publica o anuncio debe ser modificada pola seguinte:

«Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa».

Nas accións e contías obxecto da convocatoria:

«A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa anuncia a apertura de convocatoria que ten por obxecto promover a participación no Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea, nas seguintes accións:

1. Misión comercial a México, sector téxtil (1-31 de maio de 2017). Convocatoria prevista en febreiro de 2017.

2. Visita á Feira Industrial de Hannover (22-30 de abril de 2017). Convocatoria prevista en xaneiro de 2017.

3. Visita á feira Seafood Expo Global de Bruxelas (24-28 de abril de 2017). Convocatoria prevista en febreiro de 2017.

4. Misión comercial multisectorial a Mauritania (30 de abril-5 de maio de 2017). Convocatoria prevista en febreiro de 2017.

5. Visita á feira Norshipping (Oslo) (28 de maio-3 de xuño de 2017). Convocatoria prevista en febreiro de 2017.

6. Misión comercial a Finlandia e Estonia 2017 (4-10 de xuño de 2017). Convocatoria prevista en marzo de 2017.

7. Participación na Feira de Subcontratación de Bilbo (5-9 de xuño de 2017). Convocatoria prevista en xaneiro de 2017.

8. Visita á feira Vinexpo de Bordeos (17 ao 22 de xuño de 2017). Convocatoria prevista en febreiro de 2017.

9. Misión comercial multisectorial a Paraguai e Bolivia (24 de xuño ao 1 de xullo de 2017). Convocatoria prevista en marzo de 2017.

10. Misión comercial multisectorial ao Congo e á República Democrática do Congo (10-25 de xuño de 2017). Convocatoria prevista en marzo de 2017.

11. Participación na feira China Fisheries & Seafood Expo 2017 en Qingdao (30 de outubro-6 de novembro de 2017). Convocatoria prevista en abril de 2017.

12. Participación na feira Gulfood Manufacturing 2017 en Dubai (29 de outubro-4 de novembro de 2017). Convocatoria prevista en abril de 2017.

[...]

Cuarto. Contía

A contía máxima das axudas para outorgar con cargo a estas convocatorias para o período 2014-2020 en concepto de subvencións é de:

1. Misión comercial a México, sector téxtil: 21.600 €.

2. Visita á Feira Industrial de Hannover: 6.400 €.

3. Visita á feira Seafood Expo Global de Bruxelas: 16.000 €.

4. Misión comercial multisectorial a Mauritania: 16.000 €.

5. Visita á feira Norshipping (Oslo): 12.000 €.

6. Misión comercial a Finlandia e Estonia 2017: 16.000 €.

7. Participación na Feira de Subcontratación de Bilbo: 9.600 €.

8. Visita á feira Vinexpo de Bordeos: 12.000 €.

9. Misión comercial multisectorial a Paraguai e Bolivia: 20.000 €.

10. Misión comercial multisectorial ao Congo e á República Democrática do Congo: 20.000 €.

11. Participación na feira China Fisheries & Seafood Expo 2017 en Qingdao: 23.908,80 €.

12. Participación na feira Gulfood Manufacturing 2017 en Dubai: 16.000 €.

As axudas serán cofinanciadas nunha porcentaxe de 80 % con cargo aos fondos Feder, a través do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020, e o resto financiarase con cargo ás empresas participantes».

Vigo, 28 de febreiro de 2017

Manuel Fernández Pool
Secretario xeral da Cámara Oficial de Comercio, Industria,
Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa