Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13666

VI. Anuncios

b) Administración local

Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación para a contratación do arrendamento de inmoble para servicios sociais da terceira idade en Sanxenxo.

Aprobados os pregos cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexen a contratación do arrendamento de inmoble para servicios sociais da 3ª idade, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación do arrendamento de inmoble para servicios sociais da 3ª idade.

2. Duración del contrato: será de dous anos, con posibilidade de dúas prórrogas de un ano cada unha.

3. Prezo de licitación: por mes con IVE (21 %) é de 1.330,00 €.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración).

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, dentro do prazo de quince días naturais, a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados.

6. Criterios de adxudicación: serán os sinalados na cláusula 9 e 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

a) Local ofertado. Ata un máximo de cincuenta (50) puntos. A estes efectos os licitadores deberán presentar a siguiente documentación descritiva da edificación ofertada:

i. Un plano do local a escala mínima 1/100 do estado actual e do acondicionamento que é necesario realizar, no que se xustifique o cumprimento de toda a normativa establecida no prego de prescricións técnicas e cunha distribución indicativa deste para o desenvolvemento do obxecto do contrato, así como a súa situación e emprazamento.

ii. Memoria das obras necesarias para adecuación do local á actividade que se pretende, dado que se valorará que o local estea acondicionado ou con obras mínimas de adecuación para o cumprimento da normativa para o uso que se pretende, ou sobre aqueles outros que precisen obras de acondicionamento total.

b) Prezo. Expresarase nunha cantidade que non poderá superar o orzamento máximo de licitación mensual, co IVE (1.330,00 €). Valorarase ata un máximo de cincuenta (50) puntos.

7. Mesa de contratación: designados os seus membros por Resolución da Presidencia de Terra do 14 de marzo de 2017, de acordo co sinalado na cláusula 11ª dos pregos respectivos.

8. Entidade e información: Concello de Sanxenxo, Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es. Perfil de contratante.

Sanxenxo, 14 de marzo de 2017

David Otero Domínguez
Presidente accidental