Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2017 Páx. 13808

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 904/2016).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 904/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Bautista Anido contra Instituto de Formación Laboral y Profesional, S.L., Damián Alejandro Casalderey Chimenti e Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

«Sentenza.

A Coruña, 23 de febreiro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de despedimento nº 904/2016, seguidos ante este xulgado por instancia de Antonio Bautista Anido, representado polo letrado Antonio Díaz Piñón, contra Instituto de Formación Laboral y Profesional, S.L., Damián Alejandro Casalderey Chimenti e Fogasa. que non comparecen, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolvo:

Que, acollendo que o demandante desiste da súa pretensión fronte a Damián Alejandro Casalderey Chimenti, debo declarar e declaro caducada a acción de despedimento e, con estimación parcial da pretensión acumulada de reclamación de cantidade formulada por Antonio Bautista Anido, condeno a Instituto de Formación Laboral y Profesional, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.829,55 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentencia leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Instituto de Formación Laboral y Profesional, S.L. e a Damián Alejandro Casalderey Chimenti, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza