De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 7 de febreiro de 2017, relativo ao proxecto da instalación deportiva para circuíto de terra e acondicionamento de edificacións para turismo rural, en Monte Romeo, A Latiza, parroquia de Álceme, promovido polo Concello de Rodeiro.
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón: http://www.cmaot.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2017
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático