Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2017 Páx. 13792

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (320/2016).

Familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 320/2016

Sobre outros familia incidentes

Interveniente, demandante: Ministerio Fiscal, Sonia Otero García

Procuradora: Verónica Guerra Fraga

Avogada: Loreto Caseiras Arroyo

Demandado: Manuel Barreiro Gian

Tatiana Villaescusa Martín, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Ministerio Fiscal e Sonia Otero García fronte a Manuel Barreiro Gian ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 11/2017

En Betanzos o 11 de xaneiro de 2017.

Vistos por min, Roberto Barba Alvedro, en xuízo oral e público, os autos do xuízo verbal, dito sentenza sobre a base dos seguintes

Resolución:

Estimando integramente a demanda presentada polo procuradora Guerra Fraga, en nome e representación de Sonia Otero García e asistida pola letrada María del Loreto Caseiras, contra Manuel Barreiro Gian, en rebeldía procesual, acórdanse as seguintes medidas:

Atribúese á proxenitora da garda e custodia do fillo menor común (Manuel Barreiro Otero), coa patria potestade compartida por ambos os proxenitores.

Establécese unha pensión de alimentos a favor dos tres fillos comúns e con cargo o demandado, de 100 euros mensuais para cada un, que deben ser ingresados nos primeiros cinco días de cada mes na conta bancaria que designe a proxenitora, cantidade actualizables conforme o IPC, devindicandose a devandita pensión desde a data de interposición da demanda.

Respecto ás visitas, o proxenitor poderá estar en compañía do seu fillo menor os fins de semana alternos desde o venres ás 20.00 horas ata o domingo ás 20.00 horas, non establecéndose réxime de vacacións.

Os gastos extraordinarios dos fillos comúns serán satisfeitos por ambos os proxenitores por metade, logo de xustificación do pagamento ou orzamento.

Non se considera procedente realizar pronunciamento sobre as custas procesuais causadas.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e que admite recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, que deberá interpoñerse por escrito no prazo dos 20 días seguintes á súa notificación ante este xulgado.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos e lévese a presente ao libro mazo de sentenzas e autos deste xulgado, e testemuño desta aos autos principais.

Así por esta a miña sentenza, ditada en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa, Roberto Barba Alvedro».

E encontrándose o devandito demandado, Manuel Barreiro Gian, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Betanzos, 1 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza