Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2017 Páx. 13790

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (457/2015).

Modificación de medidas suposto contencioso 457/2015

Procedemento orixe: familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado, sobre modificación de medidas

Demandante: Marta Vila Nieto

Procuradora: Verónica Guerra Fraga

Avogada: Patricia Lage Varela

Demandado: Carlos Jacobo García Bellido

Eu, Tatiana Villaescusa Martín, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos, polo presente anuncio:

No presente procedemento MMC 4 57/2015 seguido por instancia de Marta Vila Nieto fronte a Carlos Jacobo García Bellido ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 148/2016.

Betanzos, 23 de novembro 2016.

Vistos por min, Roberto Barba Alvedro, en xuízo oral e público, os autos do xuízo verbal, dito sentenza sobre a base dos seguintes (...).

Resolución:

Estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Verónica Guerra Fraga, en nome e representación de Marta Vila Nieto, e asistida da letrada Patricia Lage, contra Carlos Jacobo García Bellido, en rebeldía procesual, debo declarar e declaro o demandado, Carlos Jacobo García Bellido, privado da patria potestade sobre a súa filla Elsa Blanca García Vila, e impoño a Carlos Jacobo García Bellido a obriga de aboar, a favor da súa filla e en concepto de pensión de alimentos, unha pensión por importe de 250 euros mensuais, cantidade que se actualizará anualmente conforme as variacións do IPC do INE.

Sen expresa imposición das custas procesuais.

Contra esta sentenza poderase interpoñer recurso de apelación que se presentará por medio de escrito presentado neste xulgado.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Carlos Jacobo García Bellido, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Betanzos, 20 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza