Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14099

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melón

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de protección, de dotacións e infraestruturas do BIC con categoría de monumento do mosteiro de Melón (conxunto igrexa-mosteiro), do seu contorno e do núcleo singular da Ponte Nova.

Mediante Acordo do Pleno do 24 de novembro de 2016, en sesión extraordinaria, aprobouse definitivamente o Plan especial de protección, de dotacións e infraestruturas do BIC con categoría de monumento do mosteiro de Santa María (conxunto da igrexa-mosteiro), do seu contorno e do núcleo singular da Ponte Nova, o que se publica para os efectos dos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, que de xeito resumido di:

«ACORDO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de protección, de dotacións e infraestruturas do BIC con categoría de monumento do mosteiro de Santa María (conxunto igrexa-mosteiro), do seu contorno e do núcleo singular da Ponte Nova, do concello de Melón, coas modificacións resultantes das alegacións formuladas e dos informes emitidos.

Segundo. Remitir ao Servizo de Urbanismo do departamento territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio:

• Copia autenticada do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o Plan especial coa emenda das deficiencias sinaladas nos puntos II.3 e II.4 do informe previo á aprobación definitiva da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, do 17 de xuño de 2016, sobre os cales recaiu o acordo de aprobación definitiva, dilixenciado pola Secretaría do Concello, facendo constar o dito aspecto. Xúntanse dous exemplares en formato dixital (2 DVDS co PEPDI completo debidamente dilixenciado coa aprobación definitiva).

Terceiro. Remitirlle á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental unha copia en soporte dixital, segundo o indicado na memoria ambiental emitida polo dito organismo o 11.1.2016, da seguinte documentación:

A. PEPDI aprobado.

B. Unha declaración resumo.

C. As medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente.

D. Un resumo non técnico sobre a documentación contida nos puntos B e C.

Cuarto. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 92.2 da LOUG e no 82.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Igualmente, publicarase a aprobación definitiva, xunto co documento que conteña a normativa e as ordenanzas do Plan especial no Boletín Oficial da provincia de Ourense, segundo o establecido no artigo 82.3 da LOUG e 82.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación farase unha vez inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Asi mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (www.melon.es)

Quinto. Notificar este acordo aos interesados neste expediente administrativo.

Sexto. As medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente como consecuencia da aplicación do PEPDI de Melón, neste documento realízanse ao abeiro do artigo 14 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en relación coa aprobación definitiva do Plan especial de protección, de dotacións e infraestruturas do BIC con categoría de monumento do mosteiro de Santa María (conxunto igrexa-mosteiro), do seu contorno e do núcleo singular da Ponte Nova, do concello de Melón, quedan expostas ao público na páxina www.melon.es

Sétimo. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia, achegando un exemplar en soporte dixital debidamente dilixenciado.

E para que conste, para os efectos oportunos no expediente da súa razón, de orde e co visto e prace da alcaldesa, coa excepción prevista no artigo 206 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro».

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se poida considerar máis conveniente en dereito.

Melón, 2 de marzo de 2017

María Cristina Francisco Vílchez
Alcaldesa