Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017030TA-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 17 de febreiro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2017030TA-LU, incoado a Ribalider, S.L., como titular do establecemento Club Carus.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase a Ribalider, S.L. o contido do referido acordo, que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, de presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírtese que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, de conformidade co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 6 de marzo de 2017

Patricia Daporta Padín
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2017030TA-LU.

Denunciada: Ribalider, S.L.

NIF: B27289644.

Último enderezo coñecido: barrio San Xulián, 19, San Xulián, 27797 Ribadeo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u) e 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: dous mil euros (2.000,00 €).