Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración sucesiva de axentes estimulantes da eritropoese (AEE) (expediente MI-SER1-17-007).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 17.4.2017.

d) Número de expediente: MI-SER1-17-007.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de axentes estimulantes da eritropoese (AEE).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/2.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33620000-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntos

Criterios valorables de forma automática (sobre B)

Oferta económica

0-60

Criterios técnicos

0-30

Criterios de servizo

0-10

4. Valor estimado do contrato: 16.220.483,50 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 6.238.647,50 euros. Importe total: 6.488.193,41 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver números 16 e 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 17.4.2017.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 30 días contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, ver número 26 da folla de especificacións.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 6.3.2017.

12. Outras informacións: si, ver número 28 da folla de especificacións.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos