Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a licitación da subministración de catorce sistemas de alimentación ininterrompida (SAI), mediante arrendamento con opción de compra (expediente AB-EIP1-17-008).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: avenida de Vigo 16.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4º. Teléfono: 986 88 51 33.

5º. Telefax: 986 88 58 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-17-008.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración de catorce sistemas de alimentación ininterrompida (SAI), mediante arrendamento con opción de compra, incluído o servizo do seu mantemento a todo risco, situados no Hospital Montecelo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: lote único.

d) Lugar de entrega: no centro e servizos da EOXIPS que designe a Xerencia.

1º. Domicilio: Mourente s/n.

2º. Localidade e código postal: Pontevedra, 36171.

e) Prazo de execución: 48 meses.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia da nomenclatura): 31127000-2, 31682530-4 e 50532300-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio y contratación documentalmente simplificada.

c) Criterios de adxudicación:

• Oferta económica ata 50 puntos.

• Tecnoloxía, calidade e caraterísticas do equipamento ata 25 puntos.

• Servizo de mantemento e a súa organización ata 25 puntos.

4. Valor estimado do contrato:107.600,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 107.600,00 €.

b) Importe total: 130.196,00 €

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe da adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos especificos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso:

• Solvencia económica e financeira criterio: bastará que nun do tres últimos exercicios se supere a contía de 107.600,00 € (IVE excluído).

• Solvencia técnica ou profesional, criterio: o licitador considerarase solvente coa acreditación de subministracións de igual ou similar natureza ca os que constitúen o obxecto do contrato, atendendo para ese efecto aos dous primeiros díxitos dos respectivos códigos CPV, cuxo importe supere a contía anual de licitación (IVE excluído) de 26.900,00 €.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en festivo, rematará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2º. Enderezo: r/ Loureiro Crespo 2.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e darase lectura das propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: publicarase no perfil do contratante.

d) Data e hora: a data e hora de realización da apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (ver o prego de cláusulas administrativas particulares).

Pontevedra, 21 de febreiro de 2017

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés