Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14280

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 7 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente aos exercicios de 2017 e 2018 (código de procedemento TR301K).

BDNS (Identif.): 338549.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refire a presente convocatoria, as entidades que, na data de entrada en vigor desta orde, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados e/ou inscritos pola Administración pública competente para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto e ámbito de aplicación

Esta orde ten por obxecto establecer as condicións polas cales se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública como a execución das accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas, correspondentes aos exercicios de 2017 e 2018, xestionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través das súas xefaturas territoriais. A convocatoria das subvencións previstas nesta orde realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras establécense nesta orde.

Cuarto. Importe

Importe total da convocatoria: 40.756.061 euros (27.170.708 euros para o 2017 e 13.585.353 euros para o 2018).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria