Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14417

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da aprobación de cambio de uso previsto no planeamento vixente da parcela municipal PD-1b, sector A-6 (expediente 2017005305).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 3 de marzo de 2017, adoptou, entre outros, o acordo cuxa parte dispositiva di:

«O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, adoptou o seguinte acordo: aprobar a alteración do uso dotacional equipamento deportivo público previsto no planeamento vixente para a parcela PD-1B no sector A6, que pasa a ter un uso dotacional sanitario-asistencial público.

Réxime de recursos: este acto pon fin á vía administrativa e contra el poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se publique, conforme o establecido nos artigos 52 da Lei reguladora das bases de réxime local, 194 e concordantes do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, así como os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

O que se fai público para os efectos oportunos.

Ourense, 17 de marzo de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde presidente