De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, a resolución do procedemento para declarar a denegación da solicitude da axuda relativa aos expedientes de subvención números 17360003/2016, 17270169/2016 e 17150023/2016 (Orde do 22 de xuño de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016).
As persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, situada na rúa San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.
Concédese ás persoas interesadas un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, no que poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.
O presente anuncio expídese para que conste e sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2017
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal
ANEXO
Expediente: procedemento para declarar a denegación da solicitude de axuda no expediente de subvención núm. 17360003/2016.
Interesada: CMVMC de Tremoedo.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: A Igrexa, Tremoedo (Santo Estevo), 36620 Vilanova de Arousa, Pontevedra.
Expediente: procedemento para declarar a denegación da solicitude de axuda no expediente de subvención núm. 17270169/2016.
Interesado: Luis Quiroga Gasset.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: Rúa Agustín de Foxa, nº 38, 28036 Madrid.
Expediente: procedemento para declarar a denegación da solicitude de axuda no expediente de subvención núm. 17150023/2016.
Interesado: Ángel Vales Seoane.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: Rúa da Lagoa, nº 7, 1º A, 15160 Sada, A Coruña.