Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 23 de febreiro de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Mero.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Mero e da concesión administrativa que o ampara, resultan:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 17.8.2016, en representación dos herdeiros de Jesús, Antonio e Manuel Pazos Baúlo, María Marita Pazos Domínguez solicitou autorización para a transmisión da concesión e da batea Mero.

Segundo. A Resolución do 20.4.2001, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, rehabilita a dita concesión e en aplicación da epígrafe A/B da disposición transitoria sétima da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, a vixencia agora outorgada entenderase como primeira concesión a partir do 19.5.1994 e remate o 19.5.2004, que podera ser prorrogada por períodos sucesivos de igual duración ata un máximo de dúas prórrogas.

Terceiro. Con data do 27.4.2004, dentro do prazo establecido, Antonio Pazos Baúlo solicita a prórroga da vixencia da concesión da batea Mero; a dita solicitude de prórroga non foi resolta nin declarada a caducidade da concesión.

Cuarto. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro; coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar, da Consellería do Medio Rural e do Mar e coa disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Terceira. De acordo coa disposición transitoria cuarta da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, consideraranse como primeira concesión aquelas cuxa caducidade non fose declarada no momento da entrada en vigor desta lei; nesta situación na que se atópase a batea Mero.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Jesús Pazos Domínguez (76866461R), María Rebeca Pazos Domínguez (76866458K), Iván Pazos Domínguez (76866459E), María Marita Pazos Domínguez (76866460T), José Boris Pazos Domínguez (76872973G), María Isolina Pazos Domínguez (35475344Y), Oriol Pazos Domínguez (35479704L), Antonio Pazos Sotelo (35426708S), Celerina Pazos Sotelo (35437800K), Evaristo Pazos Sotelo (35438149W), Benedicto Pazos Sotelo (35445189G), Óscar Pazos Sotelo (35450765Z), Olga Pazos Sotelo (35454406K), María Irma Pazos Sotelo (35457151Y), Manuel Casais Pazos (35425449K) e María Esmeralda Casais Pazos (35447441W) da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Mero.

Situación:

Cuadrícula nº: 167.

Polígono: D.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: ostra plana (Ostrea edulis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 6.5.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Jesús Pazos Baúlo, Antonio Pazos Baúlo e Manuel Pazos Baúlo.

Novos titulares: Jesús Pazos Domínguez (76866461R), María Rebeca Pazos Domínguez (76866458K), Iván Pazos Domínguez (76866459E), María Marita Pazos Domínguez (76866460T), José Boris Pazos Domínguez (76872973G), María Isolina Pazos Domínguez (35475344Y), Oriol Pazos Domínguez (35479704L), Antonio Pazos Sotelo (35426708S), Celerina Pazos Sotelo (35437800K), Evaristo Pazos Sotelo (35438149W), Benedicto Pazos Sotelo (35445189G), Óscar Pazos Sotelo (35450765Z), Olga Pazos Sotelo (35454406K), María Irma Pazos Sotelo (35457151Y), Manuel Casais Pazos (35425449K) e María Esmeralda Casais Pazos (35447441W).

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 23 de febreiro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo