Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15648

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

O vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, publicado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 13 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 30 de xuño), regula na súa norma II.4.4 a xeración e publicación das listas.

Logo de finalizado o prazo indicado na norma II.4.4 do citado pacto e de conformidade co disposto na súa norma I.5.1 e no punto noveno da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 12 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 181, do 23 de setembro), pola que se regulan as bases do procedemento de actualización periódica das listas de selección temporal, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización periódica das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 13 de xuño de 2016 nas categorías de enfermeiro/a, enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro/a especialista de saúde mental, enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, médico/a de familia, médico/a de urxencias hospitalarias e pediatra de atención primaria.

Segundo. As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

A aceptación ou rexeitamento das reclamacións presentadas entenderanse implícitos na resolución desta dirección, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as, e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas acadadas polas persoas aspirantes.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos