Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15650

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2784/2016-IS).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 2784/2016 desta sección, seguido por instancia de UTE Cerdedelo-Prado II contra Fogasa, Transportes Arias, S.A., Borja González Rodríguez, administración concursal de Transportes Arias (Pablo Fernández Rodríguez) sobre reclamación de cantidade, se ditou o 31 de xaneiro de 2017, a seguinte resolución:

Que estimando en parte o recurso de suplicación interposto polo letrado Sr. Egocheaga Laiz, actuando en nome e representación da UTE Cerdedelo-Prado II, contra a Sentenza do 21 de decembro de 2015, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, en autos 745/2015 sobre reclamación de cantidade, seguidos por instancia de Borja González Rodríguez, contra a empresa recorrente e contra Transportes Arias, S.A., sendo parte a administración concursal desta última, revogámola parcialmente no sentido de fixar a condena solidaria na cantidade de 13.610,14 euros polos conceptos indicados na fundamentación xurídica.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Arias, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza