Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15672

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (129/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 129/2016 deste xulgado do social, seguido a instancia de Almudena González López contra Serviauga, S.L. e Autónomos de Galicia, ditouse a seguinte resolución:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2017

Antecedentes de feito.

Primeiro. Almudena González López presentou demanda de execución fronte a Autónomos de Galicia (Auga), Serviauga, S.L. e o Fogasa.

Segundo. Ditouse auto despachando execución en data 29 de xullo de 2016 e auto de data 27 de setembro de 2016 declarando extinguida a relación laboral que unía a Almudena González López con Autónomos de Galicia (Auga) e Serviauga, S.L., e condenando solidariamente a ambas as dúas entidades a aboar a cantidade de 23.088,03 euros en concepto de principal (7.685,07 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 12.049,55 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, e á suma de 3.353,41 euros en concepto de indemnización adicional), máis outros 2.308,80 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e costas que poidan derivarse da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de traba e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial e a Almudena González López.

Fundamentos de dereito único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que de non se ter coñecemento da existencia de bens abondo do executado nos que facer traba e embargo, practicaranse as indagacións procedentes e de ser infrutuosas, total ou parcialmente, o/a letrado da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír ao Fondo de Garantía Salarial e á parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar aos executados Auga e Serviauga, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 23.088,03 euros en concepto de principal (7.685,07 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 12.049,55 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, e á suma de 3.353,41 euros en concepto de indemnización adicional), máis outros 2.308,80 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e costas que poidan derivarse da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións Letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións Letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva para os efectos de publicidade a declaración de insolvencia de Autónomos de Galicia (Auga), expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza