Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 6 de abril de 2017 Páx. 16474

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 559/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 559/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Garabal Fraga contra Frigoríficos Riveira-Mar, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

PO procedemento ordinario 559/2015

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Juan José Garabal Fraga

Avogada: María José Liste López

Demandados: Frigoríficos Riveira-Mar, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Sentenza

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2017

Vistos por Mª Fe López Juiz, xuíza maxistrada substituta do Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Juan José Garabal Fraga, asistidos pola letrada Liste López, contra a mercantil Frigoríficos Riveira-Mar, S.L., e contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) os que non compareceron malia constar debidamente citados, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes

Fallo.

Que estimo integramente a demanda interposta por Juan José Garabal Fraga, asistidos pola letrada Liste López, contra a mercantil Frigoríficos Riveira-Mar, S.L., en consecuencia, condeno á entidade demandada a que aboen á parte demandante a cantidade de 6.967,53 euros, máis o 10 % da dita cantidade por demora no pagamento desta. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o acorda, manda e asina, María Fe López Juiz, maxistrada substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Dou fe.

Concorda ben e fielmente co seu orixinal ao que me remito, e para que produza os efectos oportunos, expido o presente edicto que asino.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2017. Dou fe.

A letrada de Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Frigoríficos Riveira Mar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios dese xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza