Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 6 de abril de 2017 Páx. 16476

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de sentenza (PO 613/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 613/2015 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Sandra Midón Becerra contra La Empanadilla Sabrosa, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2017.

Vistos por Mª Fe López Juiz, xuíza maxistrada substituta do Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos a instancia de Sandra Midón Becerra, asistidos polo letrado Sr. Febrero Bande, contra a mercantil La Empanadilla Sabrosa, S.L., e contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), os que non compareceron malia constar debidamente citados, dítase a presente sentenza en base aos seguintes:

Fallo que estimo integramente a demanda interposta Sandra Midón Becerra, asistidos polo letrado Sr. Febrero Bande, contra a mercantil La Empanadilla Sabrosa, S.L., en consecuencia, condeno á entidade demandada a que aboen á parte demandante a cantidade de 2.192,92 euros, máis o 10 % da devandita cantidade por demora no pagamento desta. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o acorda, manda e asina, María Fe López Xuíz, maxistrada substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma á Empanadilla Sabrosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2017

A Letrada da Administración de xustiza