Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 6 de abril de 2017 Páx. 16393

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 23 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, das entidades asociativas de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de empresas de inserción laboral, e se convocan para o ano 2017.

O artigo 19 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, establece que as asociacións de persoas traballadoras autónomas son as titulares dos dereitos de carácter colectivo para exercer a defensa e tutela colectiva dos intereses profesionais das persoas traballadoras autónomas.

O traballo autónomo ten unha importancia fundamental na creación de emprego e riqueza, no cal descansa boa parte da estabilidade do sistema económico de Galicia. Por iso, o fomento do asociacionismo no sector do autoemprego contribúe á consolidación do colectivo das persoas traballadoras autónomas.

Así mesmo, a Lei 5/2011, do 29 de marzo, de economía social, establece no seu artigo 5 que os centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral forman parte das entidades que integran a economía social. O artigo 7 desta lei dispón que as entidades da economía social poderán constituír asociacións para a representación e defensa dos seus intereses, e no artigo 8 recoñécese como tarefa de interese xeral a promoción, o estímulo e o desenvolvemento das entidades da economía social e das súas organizacións representativas, respectando as competencias das comunidades autónomas.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Secretaría Xeral de Emprego, ten adscritos os rexistros correspondentes ás asociacións profesionais de autónomos, asociacións de empresas de inserción laboral e asociacións de centros especiais de emprego e, polo tanto, é de grande interese o apoio ao desenvolvemento das funcións destas asociacións.

Neste contexto, esta orde establece en réxime de concorrencia competitiva, nos termos establecidos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, axudas para o financiamento dos gastos xerais de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, de centros especiais de emprego e de empresas de inserción laboral para que poidan desenvolver de forma eficaz o cumprimento da súa finalidade e fortalecer a súa estrutura.

De acordo co disposto no Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; no Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, correspóndelle a esta o desenvolvemento das funcións que lle atribúan as normas de desenvolvemento en Galicia da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, e o exercicio das competencias en materia de entidades de economía social.

Esta orde tramítase de conformidade co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; no que resulte de aplicación, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no seu regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, e nesta orde. A concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Polo exposto, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo do informe da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Intervención Delegada, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Finalidade, ámbito e principios de xestión

Artigo 1. Finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2017 das subvencións destinadas a sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de Galicia de persoas traballadoras autónomas, das entidades asociativas de Galicia de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de Galicia de empresas de inserción laboral, coa finalidade de apoiar de forma eficaz a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios, a través dos seguintes programas de axudas:

– Programa de axudas ás entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas (capítulo III).

– Programa de axudas ás entidades asociativas de centros especiais de emprego (capítulo IV).

– Programa de axudas ás entidades asociativas de empresas de inserción laboral (capítulo V).

Artigo 2. Orzamentos

No exercicio económico 2017, as subvencións reguladas nesta orde financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias que a continuación se relacionan, cun crédito total de 250.000 euros que figura recollido na Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, coa seguinte asignación para cada un dos programas:

Programa de axudas ás entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas:

09.40. 322C 481.3, código de proxecto 2015 00494, cun crédito de 190.000 euros.

Programa de axudas ás entidades asociativas de centros especiais de emprego:

09.40. 322C 481.3, código de proxecto 2015 00494, cun crédito de 35.000 euros.

Programa de axudas ás entidades asociativas de empresas de inserción laboral:

09.40. 322C 481.3, código de proxecto 2015 00494, cun crédito de 25.000 euros.

Artigo 3. Principios de xestión

A xestión destes programas realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

As bases específicas de cada programa están recollidas nos capítulos III, IV e V desta orde.

Artigo 4. Normativa aplicable

As solicitudes, tramitación e concesión destas subvencións axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e, no que resulte de aplicación, á Lei 38/2003, e ao seu regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, e nesta orde.

Artigo 5. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde as entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial, as entidades asociativas de centros especiais de emprego e as entidades asociativas de empresas de inserción laboral cuxo ámbito de actuación comprenda todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e non sexan de ámbito superior ao da Comunidade Autónoma.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

CAPÍTULO II

Competencia e procedemento

Artigo 6. Competencia

A competencia para coñecer e resolver as solicitudes das subvencións previstas nesta orde, por delegación da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria, corresponderalle á persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego.

Artigo 7. Solicitudes e prazo

1. As solicitudes de subvención deberanse presentar por separado para cada un dos programas desta orde nos modelos de solicitude que figuran como anexos, xunto coa documentación e no prazo establecido para cada tipo de programa.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Se algunha das entidades presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

5. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se, no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 8. Emenda das solicitudes

As unidades administrativas receptoras remitirán as solicitudes recibidas á unidade administrativa encargada da instrución do expediente para que comprobe se a solicitude ou documentación presentada reúne os requisitos exixidos nesta orde e, no suposto de que se observe algún defecto ou sexa incompleta a documentación, de conformidade co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, requirirán a persoa interesada para que nun prazo de dez (10) días hábiles emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixer, se considerará a persoa ou entidade interesada desistida da súa petición, logo da resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Consentimentos e autorizacións

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos en poder das administracións públicas. Só no caso de oposición expresa, as entidades deberán achegar os documentos acreditativos correspondentes. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás entidades a súa presentación.

2. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coas solicitudes, os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as entidades poderanse acoller ao establecido no artigo 53.d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, sempre que se fagan constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos e, cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Atriga, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Non obstante, a entidade ou o seu representante poderá denegar expresamente o consentimento, caso en que deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

4. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

5. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

6. As entidades teñen dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das causas previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 11. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, como responsable do ficheiro, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, ou no seguinte enderezo electrónico: lopd.industria@xunta.gal

Artigo 12. Instrución, tramitación e procedemento de concesión

1. O órgano instrutor será a Subdirección Xeral de Emprego da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que realizará as actuacións necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

2. O procedemento de concesión das subvencións previstas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, nos termos establecidos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Unha vez efectuados o exame e a avaliación das solicitudes de cada un dos programas desta orde, someteranse a informe da comisión de avaliación, que terá a seguinte composición:

Presidente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Emprego.

Vogais: a persoa titular do Servizo de Emprego Autónomo e unha persoa técnica da Secretaría Xeral de Emprego designada polo seu titular, que actuará como secretaria.

4. O órgano instrutor, á vista dos expedientes e do informe da comisión de avaliación, formulará a correspondente proposta de resolución.

5. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia –Notifica– dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, mediante un correo electrónico dirixido á conta de correo que conste na solicitude para efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

7. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

8. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Resolución e recursos

1. Logo da fiscalización pola Intervención da proposta emitida polo órgano instrutor, as resolucións serán ditadas polo órgano competente para resolver, por delegación da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e deberán serlles notificadas ás entidades interesadas. As resolucións, concesorias ou denegatorias, serán sempre motivadas.

2. O prazo para resolver e notificar a resolución será de tres meses, que se computarán desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei de subvencións de Galicia.

3. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades interesadas propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación. Transcorrido este sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada, segundo o artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

4. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, e poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada. Todo o anterior de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 14. Xustificación e pagamento

1. A xustificación do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención realizarase nos termos e condicións establecidos nos capítulos III, IV e V desta orde.

2. Considerarase gasto realizado o que fose efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación.

A xustificación do pagamento dos gastos obxecto das subvencións desta orde deberase acreditar mediante transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario de pagamento. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados a persoa receptora e a emisora do pagamento. Non se admitirán os pagamentos en efectivo. Así mesmo, non se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria.

3. As entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa para o pagamento no prazo establecido na resolución de concesión, e, en todo caso, ata o 15 de novembro de 2017. Excepcionalmente, este prazo poderá ser prorrogado en quince (15) días de forma extraordinaria e por causas debidamente xustificadas.

4. Se da documentación presentada pola entidade beneficiaria queda xustificada unha contía inferior á da subvención inicialmente concedida, emitirase a correspondente resolución revogatoria.

5. Non se poderá realizar, en ningún caso, o pagamento da subvención mentres a entidade beneficiaria non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e fronte á Seguridade Social, teña pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución declarativa de procedencia de reintegro.

Artigo 15. Pagamentos á conta

1. Poderanse realizar pagamentos á conta da subvención concedida, que suporán a realización de pagamentos fraccionados que responderán ao ritmo de execución das accións subvencionadas e se aboarán por contía equivalente á xustificación presentada.

2. O importe dos pagamentos á conta que, se é o caso, se concedan, non poderá ser superior ao 80 % da subvención concedida.

3. De conformidade co disposto no artigo 65.4.f) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan eximidas da obriga de constituír garantías.

CAPÍTULO III

Programa de axudas ás entidades asociativas de persoas
traballadoras autónomas
(TR358A)

Artigo 16. Obxecto

1. Este programa ten por obxecto sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial, coa finalidade de apoiar a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios.

2. Para os efectos deste programa, enténdese por entidade asociativa de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial aquela que conte con membros en, polo menos, dous sectores económicos entre os da agricultura, industria, construción e servizos.

Artigo 17. Requisitos das entidades beneficiarias

1. As entidades solicitantes, para seren beneficiarias, deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Teren personalidade xurídica propia e independente.

b) Estaren inscritas no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia na data de publicación desta orde.

c) Desenvolveren a súa actividade exclusivamente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Teren o seu domicilio social e a sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñeren dunha oficina permanente nela.

2. Non poderán solicitar as subvencións reguladas neste programa aquelas entidades que formen parte de confederacións, federacións e unión de asociacións que igualmente presentasen unha solicitude de axudas ao abeiro deste programa.

Artigo 18. Gastos subvencionables

1. Serán subvencionables os gastos que, de maneira indubitada, respondan á natureza da actividade subvencionada, realizados no período comprendido entre o 1 de novembro de 2016 e o 31 de outubro de 2017. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2. Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:

a) Gastos de persoal. Neste concepto só se terán en conta o salario base e as cotizacións sociais, incluídas as pagas extraordinarias.

b) Arrendamentos de locais.

c) Servizos profesionais independentes.

d) Primas de seguros.

e) Publicidade e propaganda.

f) Material de oficina, fotocopias e imprenta.

g) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e de auga.

h) Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas ou estatais.

i) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención, por participar nestas actividades, non poderá superar o 50 % do seu custo.

j) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción do emprego autónomo en Galicia, incluídos, neste suposto, os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención, por participar nestas actividades, non poderá superar o 50 % do seu custo.

3. En ningún caso serán subvencionables os seguintes gastos:

• Os gastos de persoal e os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos órganos de goberno da entidade solicitante.

• Os tributos considéranse gasto subvencionable cando a entidade beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Artigo 19. Subcontratación das actividades subvencionadas

1. Autorízase a subcontratación con terceiros ata unha porcentaxe máxima do 80 % do custo total para as actividades recollidas nas letras i) e j) do número 2 do artigo 18, coas condicións establecidas no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta as circunstancias sinaladas no artigo 43 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

2. No suposto de que a subcontratación se realice con persoas ou entidades vinculadas coa entidade beneficiaria da subvención, será necesario que á solicitude de subvención se xunte unha petición de autorización ao órgano concedente para que se poida efectuar a dita subcontratación.

A petición de autorización deberase presentar xunto cunha memoria en que se describa a parte da actividade que vai ser obxecto de subcontratación, as persoas ou entidades vinculadas coas cales se vai subcontratar, indicando o tipo de vinculación existente, así como o importe da subcontratación prevista, desagregando as cantidades que vai percibir cada unha das persoas ou entidades coas cales se realice a subcontratación.

Así mesmo, deberanse indicar as razóns sobre a necesidade de realizar a subcontratación coas persoas ou entidades vinculadas.

En ningún caso o importe da actividade subcontratada con persoas ou entidades vinculadas poderá superar o 70 % do importe da actividade subvencionada e sen que o importe por persoa ou entidade vinculada poida ser superior ao 50 % do custo total da actividade subvencionada.

Artigo 20. Contía das subvencións

1. Poderase subvencionar ata o 90 % dos gastos subvencionables establecidos no artigo 18 e, en todo caso, o 10 % restante será por conta da entidade beneficiaria.

2. A contía máxima da subvención non poderá exceder a cantidade de 38.000 €.

3. Para a determinación das contías individualizadas das subvencións, unha vez ordenadas as solicitudes de maior a menor puntuación, iranse adxudicando ata esgotar o crédito dispoñible, de acordo cos seguintes criterios de gradación:

a) Á solicitude que obtivese a maior puntuación adxudicaráselle a contía máxima da subvención.

b) Para o resto de solicitudes, adxudicarase unha contía en proporción á súa puntuación e á da solicitude que obtivese a maior puntuación.

Na asignación dos criterios anteriores, teranse en conta as seguintes consideracións:

I. As entidades que obteñan a mesma puntuación consideraranse incluídas nun mesmo grupo para os efectos de aplicación da proporcionalidade referida. Se no proceso de asignación das subvencións se chega a un grupo de solicitudes que obtivesen a mesma puntuación e non se dispón de crédito suficiente para asignar a todas elas a contía que lles correspondería pola puntuación obtida, a contía que hai que asignar será a que esgote o crédito dispoñible.

II. Se, ao aplicar estes criterios de gradación, resulta crédito sobrante, adxudicarase ata que se esgote entre as solicitudes con maior puntuación que non acadasen o importe máximo da subvención.

III. Non obstante, non será necesario fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos, para o caso de que o crédito consignado nesta convocatoria sexa suficiente, atendendo ao número de solicitudes unha vez finalizado o prazo de presentación, conforme o previsto no artigo 55 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, correspondéndolle a contía máxima prevista neste artigo.

4. Notificada a resolución de concesión da subvención polo órgano concedente, se algunha das entidades beneficiarias, no prazo dun mes, renuncia de forma expresa ao seu dereito de percepción da subvención, poderá adxudicarse o crédito liberado, segundo o procedemento establecido no artigo 20 desta orde, entre as solicitudes que, acadando a puntuación mínima exixible, non obtivesen a condición de subvencionables polo esgotamento do crédito orzamentario e en proporción á súa puntuación.

Artigo 21. Documentación complementaria

1. A solicitude deberase presentar no modelo normalizado que figura como anexo I-A numérico a esta orde, e deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Escritura de poder suficiente para actuar en nome da entidade ante a Administración pública, agás que a capacidade de representación se recolla nos estatutos.

b) Acta de constitución e estatutos da entidade.

c) Memoria das actividades realizadas pola entidade e dos servizos prestados ás súas persoas asociadas no exercicio 2016, que inclúa unha breve historia da entidade e a descrición da súa implantación territorial e do seu carácter intersectorial, así como unha memoria das actividades previstas para o exercicio 2017.

d) As últimas contas anuais aprobadas xunto cunha certificación acreditativa expedida polo representante legal, así como o orzamento de ingresos e gastos do exercicio 2017.

e) Para o suposto de subcontratación con persoas ou entidades vinculadas coa entidade beneficiaria da subvención, xuntarase unha petición de autorización para que se poida efectuar a subcontratación, así como a memoria co contido sinalado no segundo parágrafo do número 2 do artigo 19.

2. Ademais, para acreditar os criterios de valoración establecidos no artigo 23 desta orde, as entidades solicitantes deberán presentar a documentación específica que a continuación se relaciona e que servirá de fundamento para a concesión da subvención:

a) Libro de rexistro das persoas asociadas á entidade e das que o son a través de entidades asociadas, debidamente actualizado no ano que corre.

b) Declaración responsable do representante legal da entidade do número de sedes que figuren inscritas no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia ou cuxa inscrición fose solicitada con carácter previo á presentación da solicitude de subvención, acompañada dos títulos de propiedade, contratos de arrendamento ou contratos de cesión de uso en vigor.

c) Contratos de traballo das persoas traballadoras que prestan os seus servizos na entidade e documentos de cotización á Seguridade Social TC-2 correspondentes ao exercicio 2016.

d) Convenios ou acordos de colaboración e representación asinados con entidades inscritas ou que solicitasen a inscrición no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Artigo 22. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) NIF da persoa representante da entidade.

c) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Seguridade Social.

d) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2. No caso de que a entidade se opoña a esta consulta, deberá indicalo no cadro indicado no anexo I e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 23. Criterios de valoración das entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas

1. A valoración das solicitudes presentadas ao abeiro do programa de axudas ás entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

a) Número total de persoas asociadas á entidade solicitante. A asociación que acredite o maior número de persoas asociadas valorarase con 35 puntos, a segunda con 30 puntos, a terceira con 25 puntos, a cuarta con 20 puntos, a quinta con 15 puntos e o resto de asociacións con 10 puntos.

b) Media do cadro de persoal da entidade no exercicio 2016. A asociación que acredite un maior número de persoas traballadoras no seu cadro de persoal valorarase con 28 puntos, a segunda con 23 puntos, a terceira con 18 puntos, a cuarta con 13 puntos e o resto de asociacións con persoal contratado con 8 puntos.

c) Postos de traballo ocupados por persoas traballadoras con contrato indefinido con que conta a entidade na data de presentación da solicitude. A asociación que acredite un maior número de persoas traballadoras con carácter indefinido valorarase con 25 puntos, a segunda con 20 puntos, a terceira con 15 puntos, a cuarta con 10 puntos e o resto de asociacións con persoal contratado con carácter indefinido con 5 puntos.

d) Número de sedes. A asociación que acredite o maior número de sedes valorarase con 20 puntos, a segunda con 17 puntos, a terceira con 14 puntos, a cuarta con 11 puntos, a quinta con 8 puntos e o resto de asociacións con 5 puntos. Só se terán en conta aquelas sedes que figuren inscritas no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia ou que conste no expediente a súa solicitude de inscrición.

e) Antigüidade. A asociación que acredite mais antigüidade valorarase con 15 puntos, a segunda con 13 puntos, a terceira con 11 puntos, a cuarta con 9 puntos, a quinta con 7 puntos e o resto de asociacións con 5 puntos.

f) Convenios ou acordos de colaboración e representación asinados con entidades inscritas ou que solicitasen a inscrición no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia. A asociación que acredite un maior número de convenios ou acordos de colaboración e representación valorarase con 10 puntos, a segunda con 8 puntos, a terceira con 6 puntos, a cuarta con 4 puntos, a quinta con 2 puntos e o resto de asociacións que acheguen algún convenio ou acordo con 1 punto.

g) Orzamento de ingresos e gastos do exercicio 2017. A asociación que acredite o maior orzamento de ingresos e gastos valorarase con 7 puntos, a segunda con 6 puntos, a terceira con 5 puntos, a cuarta con 4 puntos e o resto de asociacións que acrediten este concepto con 1 punto.

2. Para o caso de que se produza un empate nas puntuacións obtidas en aplicación destes criterios, terá preferencia a entidade solicitante que declare e xustifique o emprego da lingua galega nos actos de promoción, así como nas distintas actividades que vai realizar.

3. Para a comparación das solicitudes presentadas, establécese unha puntuación máxima de 140 puntos co fin de establecer unha prelación entre elas de acordo cos criterios de valoración establecidos no punto anterior e adxudicar, co límite fixado na convocatoria dentro do crédito dispoñible, aquelas que obtivesen maior puntuación. As entidades solicitantes terán que obter, como mínimo, 70 puntos para accederen ás subvencións reguladas neste programa.

Artigo 24. Xustificación e pagamento

O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de concesión, da documentación, en orixinal ou copia compulsada ou cotexada, que se exixa de forma expresa nela, xustificativa da realización da actividade para a cal se concedeu a subvención, entre a cal deberá figurar:

a) Memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Certificación expedida pola persoa representante da entidade, que inclúa unha relación clasificada dos gastos da actividade, con identificación da persoa acredora e do documento, o importe, a data de emisión e, de ser o caso, a data de pagamento, xunto coas facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa e a documentación acreditativa do seu pagamento.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto ou actividade, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo do anexo II.

CAPÍTULO IV

Programa de axudas ás entidades asociativas
de centros especiais de emprego
(TR358B)

Artigo 25. Obxecto

1. Este programa ten por obxecto sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de centros especiais de emprego de Galicia, coa finalidade de apoiar a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios.

2. Para os efectos deste programa, enténdese por entidades asociativas de centros especiais de emprego de Galicia aquelas que asocien exclusivamente centros especiais de emprego inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo).

Artigo 26. Requisitos das entidades beneficiarias

1. As entidades solicitantes, para seren beneficiarias, deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Teren personalidade xurídica propia e independente.

b) Estaren inscritas no rexistro público correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Desenvolveren a súa actividade exclusivamente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Teren o seu domicilio social e a sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñeren dunha oficina permanente nela.

2. Non poderán solicitar as subvencións reguladas neste programa aquelas entidades que formen parte de confederacións, federacións e unión de asociacións que igualmente presentasen unha solicitude de axudas ao abeiro deste programa.

Artigo 27. Gastos subvencionables

1. Serán subvencionables os gastos que de maneira indubitada respondan á natureza da actividade subvencionada, realizados no período comprendido entre o 1 de novembro de 2016 e o 31 de outubro de 2017. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

2. Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:

a) Gastos de persoal. Neste concepto só se terá en conta o salario base e as cotizacións sociais, incluídas as pagas extraordinarias.

b) Arrendamentos de locais.

c) Servizos profesionais independentes.

d) Primas de seguros.

e) Publicidade e propaganda.

f) Material de oficina, fotocopias e imprenta.

g) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e de auga.

h) Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas ou estatais.

i) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención, por participar nestas actividades, non poderá superar o 50 % do seu custo.

j) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción dos centros especiais de emprego en Galicia, incluídos, neste suposto, os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención, por participar nestas actividades, non poderá superar o 50 % do seu custo.

3. En ningún caso serán subvencionables os seguintes gastos:

• Os gastos de persoal e os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos órganos de goberno da entidade solicitante.

• Os tributos considéranse gastos subvencionables cando a entidade beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Artigo 28. Subcontratación das actividades subvencionadas

1. Autorízase a subcontratación con terceiros ata unha porcentaxe máxima do 80 % do custo total para as actividades recollidas nas letras i) e j) do número 2 do artigo 27, coas condicións establecidas no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta as circunstancias sinaladas no artigo 43 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

2. No suposto de que a subcontratación se realice con persoas ou entidades vinculadas coa entidade beneficiaria da subvención, será necesario que á solicitude de subvención se xunte unha petición de autorización ao órgano concedente para que se poida efectuar a dita subcontratación.

A petición de autorización deberase presentar acompañada dunha memoria na cal se describa a parte da actividade que vai ser obxecto de subcontratación, as persoas ou entidades vinculadas con que se vai subcontratar, indicando o tipo de vinculación existente, así como o importe da subcontratación prevista, desagregando as cantidades que vai percibir cada unha das persoas ou entidades coas cales se realice a subcontratación.

Así mesmo, deberanse indicar as razóns sobre a necesidade de realizar a subcontratación coas persoas ou entidades vinculadas.

En ningún caso o importe da actividade subcontratada con persoas ou entidades vinculadas poderá superar o 70 % do importe da actividade subvencionada e sen que o importe por persoa ou entidade vinculada poida ser superior ao 50 % do custo total da actividade subvencionada.

Artigo 29. Contía das subvencións

1. Poderase subvencionar ata o 90 % dos gastos subvencionables establecidos no artigo 27 e, en todo caso, o 10 % restante será por conta da entidade beneficiaria.

2. A contía máxima da subvención será de 20.000 €.

3. Para a determinación das contías individualizadas das subvencións, unha vez ordenadas as solicitudes de maior a menor puntuación, iranse adxudicando ata esgotar o crédito dispoñible, de acordo cos seguintes criterios de gradación:

a) Á solicitude que obtivese a maior puntuación adxudicaráselle a contía máxima da subvención.

b) Para o resto de solicitudes, adxudicarase unha contía en proporción á súa puntuación e á da solicitude que obtivese a maior puntuación.

Na asignación dos criterios anteriores teranse en conta as seguintes consideracións:

I. As entidades que obteñan a mesma puntuación consideraranse incluídas nun mesmo grupo para os efectos de aplicación da proporcionalidade referida. Se no proceso de asignación das subvencións se chega a un grupo de solicitudes que obtivesen a mesma puntuación e non se dispón de crédito suficiente para asignar a todas elas a contía que lles correspondería pola puntuación obtida, a contía que hai que asignar será a que esgote o crédito dispoñible.

II. Se, ao aplicar estes criterios de gradación, resulta crédito sobrante, repartirase proporcionalmente entre as entidades beneficiarias da subvención e, neste caso, poderase superar a contía máxima da subvención establecida no número 2.

III. Non obstante, non será necesario fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos, para o caso de que o crédito consignado nesta convocatoria sexa suficiente, atendendo ao número de solicitudes unha vez finalizado o prazo de presentación, conforme o previsto no artigo 55 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, correspondéndolle a contía máxima prevista neste artigo.

Artigo 30. Documentación complementaria

1. A solicitude deberase presentar no modelo normalizado que figura como anexo I-B numérico a esta orde e deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Escritura de poder suficiente para actuar en nome da entidade ante a Administración pública, agás que a capacidade de representación se recolla nos estatutos.

b) Acta de constitución e estatutos da entidade.

c) Memoria das actividades realizadas pola entidade no exercicio 2016, que inclúa unha breve historia da entidade e a descrición da súa implantación territorial, así como unha memoria das actividades previstas para o exercicio 2017.

d) As últimas contas anuais aprobadas xunto coa certificación acreditativa expedida polo representante legal, así como o orzamento de ingresos e gastos do exercicio 2017.

e) Para o suposto de subcontratación con persoas ou entidades vinculadas coa entidade beneficiaria da subvención, xuntarase unha petición de autorización para que se poida efectuar a subcontratación, así como a memoria co contido sinalado no segundo parágrafo do número 2 do artigo 28.

2. Ademais, para acreditaren os criterios de valoración establecidos no artigo 32 desta orde, as entidades solicitantes deberán presentar a documentación específica que a continuación se relaciona e que servirá de fundamento para a concesión da subvención:

a) Libro de rexistro dos centros especiais de emprego asociados á entidade, debidamente actualizado no ano que corre.

b) Declaración responsable do representante legal da entidade dos centros de traballo con que contan os centros especiais de emprego asociados, con indicación do seu enderezo.

c) Contratos de traballo das persoas traballadoras que prestan os seus servizos na entidade e documentos de cotización á Seguridade Social TC-2 correspondentes ao exercicio 2016, así como os documentos acreditativos da condición de persoa con discapacidade.

3. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderalle requirir á persoa interesada a súa presentación con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Artigo 31. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) NIF da persoa representante da entidade.

c) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Seguridade Social.

d) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2. No caso de que a entidade se opoña a esta consulta, deberá indicalo no cadro indicado no anexo I e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 32. Criterios de valoración das entidades asociativas de centros especiais de emprego

1. A valoración das solicitudes presentadas ao abeiro do programa de axudas ás entidades asociativas de centros especiais de emprego efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

a) Número de persoas traballadoras con discapacidade contratadas dos centros especiais de emprego asociados en 31 de decembro de 2016. A asociación que acredite o maior número de persoas traballadoras con discapacidade contratadas valorarase con 50 puntos, a segunda con 45 puntos, a terceira con 40 puntos, a cuarta con 35 puntos, a quinta con 30 puntos e o resto de asociacións con 15 puntos.

b) Número de centros especiais de emprego asociados. A asociación que acredite o maior número de centros especiais de emprego asociados valorarase con 30 puntos, a segunda con 25 puntos, a terceira con 20 puntos, a cuarta con 15 puntos, a quinta con 10 puntos e o resto de asociacións con 5 puntos.

c) Media do cadro de persoal de persoas traballadoras con discapacidade da entidade no exercicio 2016. A asociación que acredite o maior número de persoas traballadoras no seu cadro de persoal valorarase con 25 puntos, a segunda con 20 puntos, a terceira con 15 puntos, a cuarta con 10 puntos e o resto de asociacións con 5 puntos.

d) Número de centros de traballo autorizados dos centros especiais de emprego asociados. A asociación que acredite o maior número de centros de traballo dos centros especiais de emprego asociados valorarase con 10 puntos, a segunda con 8 puntos, a terceira con 6 puntos, a cuarta con 4 puntos e o resto de asociacións que acrediten algún centro con 2 puntos.

e) Número de centros especiais de emprego e centros de traballo en concellos rurais. A asociación que acredite o maior número de centros especiais de emprego e centros de traballo en concellos rurais valorarase con 10 puntos, a segunda con 8 puntos, a terceira con 6 puntos, a cuarta con 4 puntos e o resto de asociacións que acrediten algún centro en concellos rurais con 2 puntos.

f) Antigüidade. A asociación que acredite mais antigüidade valorarase con 10 puntos, a segunda con 8 puntos, a terceira con 6 puntos, a cuarta con 4 puntos e o resto con 2 puntos.

g) Orzamento de ingresos e gastos do exercicio 2017. A asociación que acredite o maior orzamento de ingresos e gastos valorarase con 5 puntos, a segunda con 4 puntos, a terceira con 3 puntos, a cuarta con 2 puntos e o resto de asociacións que acrediten este concepto con 1 punto.

2. Para o caso de que se produza un empate nas puntuacións obtidas en aplicación destes criterios, terá preferencia a entidade solicitante que declare e xustifique o emprego da lingua galega nos actos de promoción, así como nas distintas actividades que vai realizar.

3. Para os efectos previstos neste artigo, enténdese por concello rural aquel que non conta con ningunha zona densamente poboada a nivel de parroquia (ZPD) segundo a clasificación publicada polo Instituto Galego de Estatística (https://www.ige.eu/web/mostrar_paxina.jsp?paxina=003003001&idioma=gl). Para estes efectos, considéranse concellos rurais todos os concellos galegos agás os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.

4. Para a comparación das solicitudes presentadas, establécese unha puntuación máxima de 140 puntos co fin de establecer unha prelación entre elas de acordo cos criterios de valoración establecidos no punto anterior e adxudicar, co límite fixado na convocatoria dentro do crédito dispoñible, aquelas que obtivesen maior puntuación. As entidades solicitantes terán que obter, como mínimo, 70 puntos para accederen ás subvencións reguladas neste programa.

Artigo 33. Xustificación e pagamento

O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación no prazo, nos termos e na forma que se establezan na resolución de concesión, da documentación, en orixinal ou copia compulsada ou cotexada, que se exixa de forma expresa nela, xustificativa da realización da actividade para a cal se concedeu a subvención, entre a cal deberá figurar:

a) Memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Certificación expedida pola persoa representante da entidade, que inclúa unha relación clasificada dos gastos da actividade, con identificación da persoa acredora e do documento, o importe, a data de emisión e, de ser o caso, a data de pagamento, xunto coas facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa e a documentación acreditativa do seu pagamento.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto ou actividade, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo do anexo II.

CAPÍTULO V

Programa de axudas ás entidades asociativas de empresas de inserción laboral
(TR358C)

Artigo 34. Obxecto

1. Este programa ten por obxecto sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de empresas de inserción laboral de Galicia, coa finalidade de apoiar a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios.

2. Para os efectos deste programa, enténdese por entidades asociativas de empresas de inserción laboral de Galicia aquelas que asocien exclusivamente empresas de inserción laboral inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, se crea o seu rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da inserción sociolaboral (DOG núm. 153, do 8 de agosto).

Artigo 35. Requisitos das entidades beneficiarias

1. As entidades solicitantes, para seren beneficiarias, deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Teren personalidade xurídica propia e independente.

b) Estaren inscritas no rexistro público correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Desenvolveren a súa actividade exclusivamente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Teren o seu domicilio social e a sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñeren dunha oficina permanente nela.

2. Non poderán solicitar as subvencións reguladas neste programa aquelas entidades que formen parte de confederacións, federacións e unión de asociacións que igualmente presentasen unha solicitude de axudas ao abeiro deste programa.

Artigo 36. Gastos subvencionables

1. Serán subvencionables os gastos que de maneira indubitada respondan á natureza da actividade subvencionada, realizados no período comprendido entre o 1 de novembro de 2016 e o 31 de outubro de 2017. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

2. Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:

a) Gastos de persoal. Neste concepto só se terán en conta o salario base e as cotizacións sociais, incluídas as pagas extraordinarias.

b) Arrendamentos de locais.

c) Servizos profesionais independentes.

d) Primas de seguros.

e) Publicidade e propaganda.

f) Material de oficina, fotocopias e imprenta.

g) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e de auga.

h) Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas ou estatais.

i) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención, por participar nestas actividades, non poderá superar o 50 % do seu custo.

j) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción das empresas de inserción laboral en Galicia, incluídos, neste suposto, os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención, por participar nestas actividades, non poderá superar o 50 % do seu custo.

3. En ningún caso serán subvencionables os seguintes gastos:

1. Os gastos de persoal e os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos órganos de goberno da entidade solicitante.

2. Os tributos considéranse gasto subvencionable cando a entidade beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Artigo 37. Subcontratación das actividades subvencionadas

1. Autorízase a subcontratación con terceiros ata unha porcentaxe máxima do 80 % do custo total para as actividades recollidas nas letras i) e j) do número 2 do artigo 32, coas condicións establecidas no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta as circunstancias sinaladas no artigo 43 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

2. No suposto de que a subcontratación se realice con persoas ou entidades vinculadas coa entidade beneficiaria da subvención, será necesario que á solicitude de subvención se xunte unha petición de autorización ao órgano concedente para que se poida efectuar a dita subcontratación.

A petición de autorización deberase presentar acompañada dunha memoria en que se describan a parte da actividade que vai ser obxecto de subcontratación, as persoas ou entidades vinculadas coas cales se vai subcontratar indicando o tipo de vinculación existente, así como o importe da subcontratación prevista, desagregando as cantidades que se van percibir por cada unha das persoas ou entidades coas cales se realice a subcontratación.

Así mesmo, deberanse indicar as razóns sobre a necesidade de realizar a subcontratación coas persoas ou entidades vinculadas.

En ningún caso o importe da actividade subcontratada con persoas ou entidades vinculadas poderá superar o 70 % do importe da actividade subvencionada e sen que o importe por persoa ou entidade vinculada poida ser superior ao 50 % do custo total da actividade subvencionada.

Artigo 38. Contía das subvencións

1. Poderase subvencionar ata o 90 % dos gastos subvencionables establecidos no artigo 32 e, en todo caso, o 10 % restante será por conta da entidade beneficiaria.

2. A contía máxima da subvención será de 14.000 €.

3. Para a determinación das contías individualizadas das subvencións, unha vez ordenadas as solicitudes de maior a menor puntuación, iranse adxudicando ata esgotar o crédito dispoñible, de acordo cos seguintes criterios de gradación:

a) Á solicitude que obtivese a maior puntuación adxudicaráselle a contía máxima da subvención.

b) Para o resto de solicitudes, adxudicarase unha contía en proporción á súa puntuación e á da solicitude que obtivese a maior puntuación.

Na asignación dos criterios anteriores, teranse en conta as seguintes consideracións:

I. As entidades que obteñan a mesma puntuación consideraranse incluídas nun mesmo grupo para os efectos de aplicación da proporcionalidade referida. Se no proceso de asignación das subvencións se chega a un grupo de solicitudes que obtivesen a mesma puntuación, e non se dispuxese de crédito suficiente para asignar a todas elas a contía que lles correspondería pola puntuación obtida, a contía que hai que asignar será a que esgote o crédito dispoñible.

II. Se, ao aplicar estes criterios de gradación, resulta crédito sobrante, repartirase proporcionalmente entre as entidades beneficiarias da subvención e, neste caso, poderase superar a contía máxima da subvención establecida no número 2.

III. Non obstante, non será necesario fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos, para o caso de que o crédito consignado nesta convocatoria sexa suficiente, atendendo ao número de solicitudes unha vez finalizado o prazo de presentación, conforme o previsto no artigo 55 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, correspondéndolle a contía máxima prevista neste artigo.

Artigo 39. Documentación complementaria

1. A solicitude deberase presentar no modelo normalizado que figura como anexo I-C numérico a esta orde e deberá ir xunto coa seguinte documentación:

a) Escritura de poder suficiente para actuar en nome da entidade perante a Administración pública, agás que a capacidade de representación se recolla nos estatutos.

b) Acta de constitución e estatutos da entidade.

c) Memoria das actividades realizadas pola entidade e dos servizos prestados ás súas persoas asociadas no exercicio 2016, que inclúa unha breve historia da entidade e a descrición da súa implantación territorial, así como unha memoria das actividades previstas para o exercicio 2017.

d) As últimas contas anuais aprobadas xunto coa certificación acreditativa expedida polo representante legal, así como o orzamento de ingresos e gastos do exercicio 2017.

e) Para o suposto de subcontratación con persoas ou entidades vinculadas coa entidade beneficiaria da subvención, xuntarase unha petición de autorización para que se poida efectuar a subcontratación, así como a memoria co contido sinalado no segundo parágrafo do número 2 do artigo 37.

2. Ademais, para acreditaren os criterios de valoración establecidos no artigo 41 desta orde, as entidades solicitantes deberán presentar a documentación específica que a continuación se relaciona e que servirá de fundamento para a concesión da subvención:

a) Libro de rexistro de empresas de inserción laboral asociadas á entidade.

b) Declaración responsable do representante legal da entidade dos centros de traballo con que contan as empresas de inserción laboral asociadas, con indicación do seu enderezo.

c) Contratos de traballo das persoas traballadoras que prestan os seus servizos na entidade e documentos de cotización á Seguridade Social TC-2 correspondentes ao exercicio 2016, así como os documentos acreditativos da condición de persoa en situación ou en risco de exclusión social.

3. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderalle requirir á persoa interesada a súa presentación con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Artigo 40. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) NIF da persoa representante.

c) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Seguridade Social.

d) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2. No caso de que a entidade se opoña a esta consulta, deberá indicalo no cadro indicado no anexo I e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 41. Criterios de valoración das entidades asociativas de empresas de inserción laboral

1. A valoración das solicitudes presentadas ao abeiro do programa de axudas ás entidades asociativas de empresas de inserción laboral efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

a) Número de persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social das empresas de inserción laboral asociadas en 31 de decembro de 2016. A asociación que acredite o maior número de persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social das empresas de inserción laboral valorarase con 50 puntos, a segunda con 45 puntos, a terceira con 40 puntos, a cuarta con 35 puntos, a quinta con 30 puntos e o resto de asociacións con 20 puntos.

b) Número de empresas de inserción laboral asociadas. A asociación que acredite o maior número de empresas de inserción laboral asociadas valorarase con 30 puntos, a segunda con 25 puntos, a terceira con 20 puntos, a cuarta con 15 puntos, a quinta con 10 puntos e o resto con 5 puntos.

c) Media do cadro de persoal de persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social da entidade no exercicio 2016. A asociación que acredite o maior número de persoas traballadoras no seu cadro de persoal valorarase con 25 puntos, a segunda con 20 puntos, a terceira con 15 puntos, a cuarta con 10 puntos e o resto con 5 puntos.

d) Número de centros de traballo autorizados das empresas de inserción laboral asociadas. A asociación que acredite o maior número de centros de traballo de empresas de inserción laboral asociados valorarase con 10 puntos, a segunda con 8 puntos, a terceira con 6 puntos, a cuarta con 4 puntos e o resto de asociacións que acrediten algún centro de traballo con 2 puntos.

e) Número de empresas de inserción laboral e centros de traballo en concellos rurais. A asociación que acredite o maior número de empresas de inserción laboral e centros de traballo en concellos rurais valorarase con 10 puntos, a segunda con 8 puntos, a terceira con 6 puntos, a cuarta con 4 puntos e o resto de asociacións que acrediten algún centro en concellos rurais con 2 puntos.

f) Antigüidade. A asociación que acredite máis antigüidade valorarase con 10 puntos, a segunda con 8 puntos, a terceira con 6 puntos, a cuarta con 4 puntos e o resto con 2 puntos.

g) Orzamento de ingresos e gastos do exercicio 2017. A asociación que acredite o maior orzamento de ingresos e gastos valorarase con 5 puntos, a segunda con 4 puntos, a terceira con 3 puntos, a cuarta con 2 puntos e o resto de asociacións que acrediten este concepto con 1 punto.

2. Para o caso de que se produza un empate nas puntuacións obtidas en aplicación destes criterios, terá preferencia a entidade solicitante que declare e xustifique o emprego da lingua galega nos actos de promoción, así como nas distintas actividades que vai realizar.

3. Para os efectos previstos neste artigo, enténdese por concello rural, aquel que non conta con ningunha zona densamente poboada no nivel de parroquia (ZPD) segundo a clasificación publicada polo Instituto Galego de Estatística (https://www.ige.eu/web/mostrar_paxina.jsp?paxina=003003001&idioma=gl). Para estes efectos, considéranse concellos rurais todos os concellos galegos agás os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.

4. Para a comparación das solicitudes presentadas, establécese unha puntuación máxima de 140 puntos co fin de establecer unha prelación entre elas de acordo cos criterios de valoración establecidos no punto anterior e adxudicar, co límite fixado na convocatoria dentro do crédito dispoñible, aquelas que obtivesen maior puntuación. As entidades solicitantes terán que obter, como mínimo, 70 puntos para accederen ás subvencións reguladas neste programa.

Artigo 42. Xustificación e pagamento

O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación no prazo, nos termos e na forma que se establezan na resolución de concesión, da documentación, en orixinal ou copia compulsada ou cotexada, que se exixa de forma expresa nela, xustificativa da realización da actividade para a cal se concedeu a subvención, entre a cal deberá figurar:

a) Memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Certificación expedida pola persoa representante da entidade, que inclúa unha relación clasificada dos gastos da actividade, con identificación da persoa acredora e do documento, o importe, a data de emisión e, de ser o caso, a data de pagamento, xunto coas facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa e a documentación acreditativa do seu pagamento.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto ou actividade, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo do anexo II.

CAPÍTULO VI

Incompatibilidades e obrigas

Artigo 43. Incompatibilidades e concorrencia

1. As subvencións reguladas nesta orde serán compatibles con calquera outra clase de subvencións, axudas ou ingresos obtidos para a mesma finalidade.

2. Non obstante o anterior, en ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, concedidos por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o custo total dos gastos subvencionables imputados á subvención.

Artigo 44. Obrigas das entidades beneficiarias

Son obrigas das entidades beneficiarias das subvencións:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicar ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberase efectuar tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Estar ao día das súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.

f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para darlle publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 45. Modificación da resolución de concesión

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa revogación.

Artigo 46. Revogación e reintegro

1. Procederá a revogación das subvencións establecidas nesta orde, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A obriga de reintegro establecida no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

2. De acordo co artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, os criterios de gradación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións serán os seguintes:

a) O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a subvención dará lugar ao reintegro da totalidade da axuda concedida.

b) No caso de obter a axuda falseando as condicións requiridas ou ocultando aquelas que a impedirían, procederase ao reintegro total.

Artigo 47. Devolución voluntaria da subvención

Segundo o establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta ES 82 2080 0300 8731 1006 3172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a entidade beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, en que conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 48. Seguimento e control

1. Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Economía, Emprego e Industria levará a cabo funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos programas.

Para realizar estas funcións poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Consellería de Economía, Emprego e Industria para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

2. A Secretaría Xeral de Emprego poderá comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos, as entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas de comprobación que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

Disposición adicional primeira

A Consellería de Economía, Emprego e Industria poderá requirir en todo momento a documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións exixidas nos diferentes programas desta orde.

Disposición adicional segunda

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria na persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, así como para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polas entidades beneficiarias, respecto das resolucións concesorias de que derivan, ditadas por delegación da persoa titular da consellería.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file