Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16768

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

En virtude da Resolución do 14 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 37, do 22 de febreiro, aprobáronse as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamacións sobre as ditas relacións de persoas admitidas e excluídas, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 85, do 4 de maio, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aprobar as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

A lista definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A lista de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes definitivamente excluídas que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aquelas outras persoas aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídas será necesaria a presentación dun escrito no cal a persoa interesada faga constar o número de conta (24 díxitos), a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas solicitantes admitidas provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

Anexo
Relación de persoas aspirantes excluídas

Acceso libre

Apelidos e nome

NIF

Quenda

Motivo da exclusión

Astoreca Urquidi, Aitor

30690762E

Libre

18

Badal Palacio, Javier

71550897J

Libre

43

Blanco Cartagena, Andreu

43143634G

Libre

58

Calviño Sampedro, Cristina

52931889B

Libre

17, 20, 58

Conde Santiago, Mónica

76873145S

Libre

43

Fabián García, María Concepción

34966851C

Libre

15

Labrador Quintáns, Adriana

76931685C

Libre

17, 20, 58

Lores Vázquez, Beatriz

36062366E

Libre

17, 20, 58

Maceira Rodríguez, Óscar

45846427K

Libre

18

Otero Ojea, Sandra

39466681S

Libre

17, 20, 58

Pedreira Bar, Adrián

36164882G

Libre

25, 61

Saavedra Vázquez, Santiago

77594543H

Libre

17, 20, 58

Salgueiro Fernández, Rocío

77408577F

Libre

43

Suárez Fontenla, María

32837151M

Libre

43

Código

Descrición

15

Documento xustificativo exención taxas non cotexado

17

Doc. xustif. demandante emprego seis (6) meses antes convocatoria non presentado

18

Doc. xustif. demandante emprego seis (6) meses antes convoc. non válido

20

Taxas non aboadas

25

Doc. xustif. demandante emprego seis (6) meses antes convocatoria non cotexado

43

Desistencia da solicitude

58

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado

61

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non cotexado