Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 7 de abril de 2017 Páx. 16766

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola que se fan públicos diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 29 de marzo de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 13 de abril de 2016 (DOG núm. 74, do 19 de abril), designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as cualificacións obtidas no cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Segundo. Que, de acordo co establecido na base II.1.5 da orde da convocatoria, o aspirante Carlos Arias Iglesias, con DNI 33840384R, que non acreditou en prazo posuír o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), foi valorado como apto.

Terceiro. Que, de acordo co disposto na base II.2.7 da orde da convocatoria, o aspirante poderá presentar as alegacións que considere oportunas en relación coa cualificación no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De acordo co establecido na base II.3.3 da convocatoria e na Resolución do 15 de decembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo, os aspirantes disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación polo tribunal no DOG das notas do cuarto exercicio da fase de oposición ou da resolución pola cal se declaren todas as persoas aspirantes exentas, para presentaren a documentación relativa á fase de concurso, conforme o procedemento establecido na dita resolución.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer o recurso de alzada nos termos previstos no artigo 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2017

Alfonso García Magariños
Presidente do tribunal