1. Resolución da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, do 22 de marzo de 2017, pola que se encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Fundación Cetmar) o servizo de mantemento da rede océano-meteorolóxica de Galicia.
Actividade: servizo de mantemento da rede oceano-meteorolóxica de Galicia, de conformidade cos requirimentos técnicos e administrativos que figuran no texto da encomenda.
Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter a Fundación Cetmar a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico.
Prazo de vixencia: os traballos encomendados comezarán o día da sinatura da encomenda, é dicir, o 22 de marzo de 2017, e o prazo máximo de finalización destes é o 31 de decembro de 2017.
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2017
Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio