Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17098

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (95/2016).

ETJ ejecución de títulos judiciales 95/2016

Demandantes: Víctor Manuel García Dosil, José Ignacio Lamela Lago

Demandados: Lamela Pérez, S.L., Manuela Lamela Pérez

Declaración de insolvencia.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela (A Coruña), fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 95/2016, a instancia de José Ignacio Lamela Lago e Víctor Manuel García Dosil, contra a executada Lamela Pérez, S.L. e Manuel Lamela Pérez, sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 17 de marzo de 2017 decreto de insolvencia no sentido de declarar ao executado, en situación de insolvencia parcial, por importe de 43.205,31 euros de principal, máis 512,87 euros en concepto de xuros de mora, máis 4.461,49 euros que provisionalmente se presupostan para xuros, gastos e costas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza