Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17097

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (613/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 613/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de César Valeiras Jiménez contra a empresa Newco Airports Services, S.A., Francisco Javier Ramos Benito, Juan Rafael Rial Souto, comisión de seguimento do ERE, Fondo de Garantía Salarial, Severino Mallo Nieto, Fernando Pombo Mallo e Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea (AENA), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que, estimando parcialmente a demanda interposta por César Valeiras Jiménez en canto se dirixiu contra a entidade Newco Airports Services, S.A., a súa administración concursal (na persoa de Antonia Magdaleno Carmona e Pedro Tortosa Mondéjar), o Fondo de Garantía Salarial, a comisión de seguimento do ERE, Juan Rafael Rial Souto, Severino Mallo Nieto, Fernando Pombo Mallo e Francisco Javier Ramos Benito, debo declarar e declaro o seu mellor dereito a ocupar as prazas vacantes de operario de rampla e ORA, explicitadas no feito cuarto da demanda, condenando os aludidos demandados a se ateren a tal declaración e absolvéndoos dos seus restantes pedimentos. Non se fai especial mención de custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación, que se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, e que será resolto, de ser o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Francisco Javier Ramos Benito, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza