Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17092

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo

EDICTO (128/2014).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza (96/2015).

Carballo, 4 de novembro de 2015.

Vistos por min, Iván Barallobre Sánchez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos co número 128/2014, sobre reclamación de cantidade, por instancia da entidade mercantil Los Ángeles Gas, S.L., representada polo procurador Sr. Otero Salgado e defendida polo letrado Sr. García García, contra José Manuel Pombo Golán, en situación procesual de rebeldía, ditouse a seguinte sentenza en nome da súa maxestade o rei.

Decido que, desestimando integramente a demanda interposta pola entidade mercantil Los Ángeles Gas, S.L., representada polo procurador Sr. Otero Salgado e defendida polo letrado Sr. García García, contra José Manuel Pombo Golán, en situación procesual de rebeldía, debo absolver e absolvo, con todos os pronunciamentos favorables, a José Manuel Pombo Golán das pretensións exercidas na súa contra.

As custas procesuais impóñense á parte demandante.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que esta non é firme, senón que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación por medio de escrito dirixido a este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña. A interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal do Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos e lévese a presente ao libro mazo de sentenzas e autos deste xulgado e testemuño desta aos autos principais.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Iván Barallobre Sánchez, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo e o seu partido xudicial».

E encontrándose o devandito demandado José Manuel Pombo Golán, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Carballo, 16 de marzo de 2017

O letrado da Administración de xustiza