Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2017 Páx. 17069

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de febreiro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Rural Emprende).

Advertidos erros na referida resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 42, do 1 de marzo de 2017, compre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 10469, no artigo 1.2.h), onde di:

«h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, servizos técnicos, contabilidade, veterinaria».

Debe dicir:

«h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria».

– Na páxina 10475, no artigo 5.2, onde di:

«2. (…). O plan comezará a aplicarse dentro dos nove meses seguintes á data en que se adopte a decisión pola que se concede a axuda. (…)».

Debe dicir:

«2. (…). O plan poderá comezar a aplicarse desde o día da solicitude de axuda e como máximo dentro dos nove meses seguintes á data en que se adopte a decisión pola que se concede a axuda. (…)».

Na páxina 10484, no artigo 10.2, onde di:

«2. De conformidade (...).

Por tratarse dun procedemento (...)».

Debe dicir:

«2. De conformidade (...).

Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse do solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

Por tratarse dun procedemento (...).»

– Na páxina 10489, no artigo 13, onde di:

«i) Debe establecerse de forma expresa o limiar de axudas concedidas con cargo a este réxime de minimis, que será un total de 200.000 euros en tres anos».

Debe dicir:

«i) Debe establecerse de forma expresa o limiar de axudas concedidas con cargo a este réxime de minimis, que será un total de 200.000 euros en tres anos.

j) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido na resolución de concesión e manter os investimentos durante polo menos 5 anos desde a data de finalización do proxecto.

k) Crear o emprego comprometido na solicitude de axuda e mantelo durante, polo menos, 3 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto».

– Na páxina 10492, no Artigo 14.6.h), onde di:

«h) As 3 ofertas de diferentes provedores para todos os elementos de gasto».

Debe dicir:

«h) As 3 ofertas de diferentes provedores para todos os elementos de gasto. Para dar cumprimento ao requisito de moderación de custos, que se establece no artigo 48.2.e) do Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, fixaranse custos de referencia ditados en virtude da disposición derradeira primeira, definidos na norma complementaria que se publicará na web do Igape, independentemente da exixencia de presentar un mínimo de tres ofertas de distintos provedores, e para aqueles casos nos que o beneficiario acredite a non posibilidade de achegar as referidas ofertas».

– Na páxina 10494, no artigo 15.2, onde di:

«c) Documento acreditativo de alta na epígrafe do imposto sobre actividades económicas que corresponda, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

d) Acta notarial de presenza ou control sobre o terreo, no caso de proxecto que inclúa investimentos».

Debe dicir:

«c) Documento acreditativo de alta na epígrafe do imposto sobre actividades económicas que corresponda, só no caso de denegar expresamente a súa consulta».

– Na páxina 10495, no artigo 16.2.b) 2º, onde di:

«2º. Se o incumprimento atinxe ao mantemento do ben, da actividade subvencionada ou ao compromiso de mantemento de emprego, a cantidade que se reintegrará será proporcional ao tempo de incumprimento ata acadar os tres anos, transcorridos os cales deberán reintegrar a totalidade das cantidades percibidas».

Debe dicir:

«2º. Se o incumprimento atinxe ao mantemento do ben, da actividade subvencionada ou ao compromiso de mantemento de emprego, a cantidade que se reintegrará será proporcional ao tempo de incumprimento ata acadar os tres anos, transcorridos os cales deberán reintegrar a totalidade das cantidades percibidas indebidamente».