Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2017 Páx. 17570

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4782/2016).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4782/2016 desta sección, seguido por instancia de Alfonso Jesús Barrera García contra Fogasa, Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L., Ver_PDF, e Administración Concursal Transportes Teolindo Dos Coruña (Cristina Aguiar Ríos) sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Cristina Goldar Souto, en nome e representación de Alfonso Jesús Barrera García, contra a sentenza de data vinte e sete de xaneiro de dous mil dezaseis, ditada polo Xulgado do Social número 5 dos da Coruña, en autos seguidos por instancia do recorrente fronte á empresa Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L., hoxe en liquidación, Ver_PDF, Cristina Aguiar Ríos, na súa condición de administradora concursal da empresa Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre extinción de contrato e reclamación de cantidade, aos que se acumularon os seguidos sobre despedimento obxectivo e reclamación de cantidade, debemos declarar e declaramos que a competencia para coñecer sobre a cuestión debatida é dos órganos da xurisdición social, e, en consecuencia, a nulidade da sentenza, ordenando a devolución as actuacións ao xulgado de procedencia, co fin de que pola xuíza a quo e con total liberdade de criterio, se dite nova sentenza, onde entre a coñecer sobre o fondo do asunto, facendo constar nesta relato completo dos feitos que considere probados.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste Tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta a nosa sentencia, pronunciámolo, mandamos e asinamos.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Transportes Teolindo Dos Coruña, S.L. coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 23 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza