O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga. O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, sobre a prestación de servizos esenciais en caso de folga do persoal ao servizo da Administración autonómica (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os cales se atopa a asistencia social.
O servizo público da asistencia social non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.
O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros ou conselleiras competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.
A folga no sector de limpeza de edificios e locais na provincia de Lugo afecta as empresas adxudicatarias dos servizos de limpeza en diversos centros e unidades da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, na provincia de Lugo.
A convocatoria de folga foi presentada polas centrais sindicais, Confederación Intersindical Galega (CIG) a Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CCOO), con data do 10 de marzo de 2017, ben que foi suspendida o 24 de marzo. A dita suspensión quedou sen efectos o 11 de abril de 2017, e as centrais sindicais sinalaron que a folga terá lugar de xeito indefinido a partir do día 18 de abril de 2017 e afectará todos os traballadores e traballadoras das empresas contratistas que prestan os seus servizos nos referidos centros e unidades.
A paralización dos servizos de limpeza pode provocar nos centros e unidades afectados graves problemas de salubridade con consecuencias imprevisibles se non se mantén o mínimo de actividade que garanta a prestación dos servizos públicos nos ditos centros e unidades, polo que se establecen os servizos esenciais para a comunidade ao abeiro do Decreto 155/1988, do 9 de xuño.
Por iso, de conformidade co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, no Decreto 155/1988, do 9 de xuño, oído o comité de folga,
RESOLVO:
Artigo 1
A convocatoria de folga que afecta todos os traballadores e traballadoras das empresas contratistas que prestan os seus servizos nos referidos centros e unidades, que se iniciará o vindeiro día 18 de abril de 2017 e que se estenderá desde a dita data con carácter indefinido, enténdese condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen como anexo á orde.
Os servizos mínimos propostos son proporcionados ao afectaren o 51,43 % do cadro de persoal afectado pola folga.
Artigo 2
A determinación dos efectivos necesarios e a designación nominal, con carácter rotatorio do persoal que deberá cubrir os distintos servizos, será realizada pola dirección das empresas adxudicatarias.
Artigo 3
O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.
Disposición derradeira única
Esta orde producirá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2017
José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social
ANEXO
|
Centro de traballo da Consellería de Política Social |
Total |
Mínimo |
Posto |
Quenda |
Días |
|
Residencia de Maiores As Gándaras |
10 |
2 |
Limpadora |
Mañá |
Luns a domingo |
|
2 |
Limpadora |
Tarde |
Luns a domingo |
||
|
Centro de Atención a Persoas con Discapacidade-Sarria |
7 |
1 |
Limpadora |
Mañá |
Luns a domingo |
|
2 |
Limpadora |
Tarde |
Luns a domingo |
||
|
Centro Sociocomunitario A Milagrosa de Lugo |
2 |
1 |
Limpadora |
Mañá |
Luns, mércores, venres |
|
Centro Sociocomunitario de Ribadeo |
2 |
1 |
Limpadora |
Mañá |
Luns, mércores, venres |
|
Centro Sociocomunitario de Mondoñedo |
1 |
1 |
Limpadora |
Mañá |
Luns, mércores, venres |
|
Residencia de Maiores de Burela |
1 |
1 |
Limpadora |
Mañá |
Luns, mércores, venres |
|
Residencia de Maiores de Monforte |
4 |
1 |
Limpadora |
Mañá |
Luns a domingo |
|
1 |
Limpadora |
Tarde |
Luns a domingo |
||
|
Sección Cualificación e Valoración de Discapacidades-Lugo |
2 |
1 |
Limpadora |
Tarde |
Luns, mércores, venres |
|
Casa da Xuventude-Espazo Xove de Chantada |
1 |
1 |
Limpadora |
Mañá |
Luns, mércores, venres |
|
Centro de Menores Santo Anxo de Rábade |
1 |
1 |
Limpadora |
Mañá |
Luns a sábado |
|
Casa do Mar de Burela |
2 |
1 |
Limpadora |
Mañá |
Luns a domingo |
|
Casa do Mar de Celeiro |
2 |
1 |
Limpadora |
Mañá |
Luns a domingo |


