Eu, Carlota Fernández Ambrós, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, dou fe e certifico que se ditou sentenza no xuízo verbal 1013/2015-L, en que son parte demandante Ricardo Axeitos Valiño e Patricia Carballal Miñán e parte demandada Envasa, S.L.
Desta sentenza os interesados poderán ter coñecemento íntegro na secretaría deste xulgado.
Contra a mencionada resolución non cabe recurso.
E, como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada Envasa, S.L. e para que sirva de notificación en forma por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto.
A Coruña, 9 de marzo de 2017
A letrada da Administración de xustiza


