Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2017/156-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Ramiro Martínez, S.L.

Domicilio social: Sestelo 1, Baión, 36620 Vilanova de Arousa.

Denominación: fotovoltaica no Rodo.

Situación: Vilanova de Arousa.

Características técnicas:

Instalación solar fotovoltaica de autoconsumo cunha potencia nominal de 150,195 kWP. A instalación consta de 589 módulos e 3 inversores de 50 kW de potencia cada un, instalada sobre a cuberta dunha nave industrial e ocupando unha superficie de 2.000 metros cadrados.

A instalación está situada no lugar do Rodo, Vilanova de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 28 de marzo de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra