Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 19 de abril de 2017 Páx. 18480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Meis (expediente IN407A 2017/157-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Ramiro Martínez, S.L.

Domicilio social: Sestelo, 1, Baión, 36620 Vilanova de Arousa.

Denominación: fotovoltaica en Vilanoviña.

Situación: Meis.

Características técnicas:

Instalación solar fotovoltaica de autoconsumo cunha potencia nominal de 343,23 kWp. A instalación consta de 1.346 módulos e 6 inversores de 50 kW de potencia cada un, instalada sobre a cuberta dunha nave industrial e ocupando unha superficie de 4.700 metros cadrados.

A instalación está situada en Vilanoviña, Meis.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 28 de marzo de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra