Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2017 Páx. 18598

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria do 26 de febreiro de 2014 para a provisión, mediante nomeamento temporal, dunha praza vacante na categoría de facultativo especialista da Área de Anatomía Patolóxica no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Mediante a Resolución da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés do 26 de febreiro de 2014, formalízase a convocatoria de selección temporal de diversas prazas de persoal facultativo especialista de área, con publicidade mediante anuncio no DOG núm. 62, do 31 de marzo 2014, entre elas unha praza de Anatomía Patolóxica.

A lista provisional de admitidos/as e a composición da comisión de avaliación foi publicada o día 23 de maio de 2014 mediante Resolución da Xerencia do 22 de maio de 2014. O 7 de xullo de 2014 publícase a Resolución da Xerencia do 30 de xuño de 2014 pola que se publica a lista definitiva de aspirantes admitidos/as. O 15 de febreiro de 2017 publícase a Resolución do 14 de febreiro de 2017 cos acordos da comisión sobre criterios de avaliación, data, lugar e hora da entrevista para selección temporal de persoal facultativo especialista da Área de Anatomía Patolóxica do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

O 23 de febreiro de 2017 tivo lugar a entrevista dos/das aspirantes á praza vacante de acordo co disposto no número 9 da convocatoria citada. A comisión de avaliación remitiu á Xerencia a proposta de avaliación de aspirantes para a súa publicación. O 2 de marzo de 2017 foi publicada a Resolución de 24 de febreiro de 2017 coa relación provisional de puntuacións obtidas polos/as aspirantes, con prazo de 10 días para presentar reclamacións de acordo coa convocatoria.

Transcorrido o citado prazo, sen ter sido presentadas reclamacións, a comisión de avaliación remitiu á Xerencia o acordo coas puntuacións definitivas.

Así, de acordo coa convocatoria citada e en uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 47, do 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG núm. 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), o xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Declarar resolta a convocatoria referida e adxudicar o nomeamento temporal en praza vacante de facultativo especialista de área de Anatomía Patolóxica a favor de Patricia Vázquez Bartolomé.

No prazo máximo de 10 días desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, deberá presentar a documentación que se recolle no punto 10 da convocatoria.

De non presentar a documentación requirida no prazo establecido, non poderá ser nomeada e quedarán sen efecto todas as actuacións. No caso de que a praza quede vacante, procederase a declarar seleccionado/a o/a aspirante con maior puntuación segundo a orde de prelación na lista definitiva publicada pola Resolución da Xerencia do 24 de marzo de 2017.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Pontevedra, 24 de marzo de 2017

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés