Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 20 de abril de 2017 Páx. 18602

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (700/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 700/2014 por instancia de María Isabel Loureiro Varela contra as empresas Consultoría a la Formación y a la Empresa, S.L. e Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia AED Galicia e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 21.3.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase parcialmente a demanda formulada por María Isabel Loureiro Varela fronte a Consultoría a la Formación y a la Empresa, S.L. e Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia AED Galicia e, en consecuencia:

– Absólvese a Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia AED Galicia das pretensións fronte a ela dirixidas.

– Condénase a empresa Consultoría a la Formación y a la Empresa, S.L. a aboar a María Isabel Loureiro Varela a cantidade de mil catrocentos vinte euros (1.420 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Consultoría a la Formación y a la Empresa, S.L. e Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia AED Galicia, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de marzo de 2017

O secretario xudicial