Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18816

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de resolución (ETX 181/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 181/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles García Magariños contra Risa Producciones, S.L. e Risa Productos Químicos de Celulosa y Sanitarios, S.L. sobre ordinario, foi ditada a resolución en que se acorda:

Declarar os executados Risa Producciones, S.L. e Risa Productos Químicos de Celulosa y Sanitarios, S.L. en situación de insolvencia polo importe de 6.681,50 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

E para que sirva de notificación en legal forma a Risa Producciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 29 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza