Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18815

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (43/2017).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 43/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alba Varela Argibay contra ACSA Administración de Fincas, S.L.U. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Despachar orde xeral de execución da sentenza ditada o 27 de xullo de 2015 no procedemento DOI seguido perante este xulgado co número de autos 235/2015 e do auto declarando extinguida a relación laboral ditado o 17 de febreiro de 2017 na ETX seguida perante este xulgado co número de autos 133/2016 a favor da parte executante, Alba Varela Argibay, fronte a ACSA Administración de Fincas, S.L.U., parte executada, por importe de 16.148,37 euros de principal e de 1.614 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Para que sirva de notificación en legal forma a ACSA Administración de Fincas, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 27 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza