Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18814

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (350/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 350/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María López Ferreiro contra Enrique Amable Castro Abdala, María del Carmen Oliva, Centro Integral de Belleza Carmen, S.C. e Fondo de Garantía Salarial, sobre procedemento ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ana María López Ferreiro contra a entidade Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., Enrique Amable Castro Abdala e María del Carmen Oliva e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Centro Integral de Belleza Carmen, S.C. e de modo subsidiario a Enrique Amable Castro Abdala e María del Carmen Oliva a que lle aboen á demandante a cantidade de 1.792,97 euros brutos por salarios, horas extras, compensación de descansos e de vacacións devindicados entre o 13 de maio e o 11 de xuño de 2015, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais. Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso ningún. Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas. Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma ao Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., Enrique Amable Castro Abdala e María del Carmen Oliva, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza