Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2017 Páx. 19060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017105AL-PO, por infracción en materia de seguridade alimentaria.

Con data 2 de marzo de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2017105AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Abdelkebir Mouiya Bounovara, co DNI 78141300L.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido practicar, polo que mediante esta cédula se lle notifica a Abdelkebir Mouiya Bounovara, co DNI 78141300L, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 23 de marzo de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2017105AL-PO.

Denunciado: Abdelkebir Mouiya Bounovara, co DNI 78141300L.

Último enderezo: O Cimbelo, núm. 20, Lérez, Pontevedra.

Feito imputado: suposta infracción en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: capítulo IV do anexo II do Regulamento 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios:

6. Os produtos alimenticios cargados en receptáculos de vehículos ou colectores deberán colocarse e protexerse de forma que se reduza ao mínimo o risco de contaminación.

7. Cando sexa necesario, os receptáculos de vehículos ou contedores utilizados para o transporte de produtos alimenticios deberán ser capaces de manter os produtos alimenticios á temperatura adecuada e de forma que se poida controlar a dita temperatura.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Sanción proposta: trescentos euros (300,00 €).