Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iníciase o expediente de modificación do seguinte contrato de xestión de servizo público regular de transporte de viaxeiros de uso regular:
V-7029; XG-403, Cerceda-Carballo-Sísamo, con anexos, da titularidade de Autos Queijeiro, S.L.
Os interesados ou afectados no expediente poderán ser parte no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Ardá, 4) efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 23 de marzo de 2017
César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña


