Expediente: IN407A 2017/019-1.
Solicitante: Electra de Cabalar, S.L.
Denominación: punto fronteira Os Calzados LMTS 15 kV.
Concello: A Capela.
Características técnicas:
1. Instalación e montaxe do punto fronteira e manobra Os Calzados, no edificio de obra civil existente, que será rehabilitado para tal fin, incuíndo dúas zonas diferenciadas:
– Zona Electra de Cabalar: unha cela de interruptor automático en baleiro motorizada, unha cela de medida, dúas celas de liña de saída e unha cela de protección con fusibles para un transformador de 160 kVA, así como a correspondente instalación de servizos auxiliares, control, comunicacións, protección e medida.
– Zona Unión Fenosa: unha cela de liña motorizada e unha cela de liña de remonte coa instalación de Electra de Cabalar, instalacións que poderán ser obxecto de cesión entre as dúas distribuidoras.
2. Tramo de liña subterránea de alta tensión de interconexión entre o punto fronteira Os Calzados proxectado e o apoio de formigón existente propiedade de Electra de Cabalar, S.L., en dobre circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x150 AI), de 25 metros de lonxitude.
Para interconexión coa rede de Unión Fenosa Distribución, S.A. é preciso a modificación das seguintes instalacións, que poderán ser obxecto de cesión entre as dúas distribuidoras:
1. Tramo de liña subterránea de alta tensión de interconexión entre o novo apoio de formigón HVH-2500/13 de Unión Fenosa Distribución, S.A. e o punto fronteira Os Calzados proxectado, en simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x150 AI), de 26 metros de lonxitude.
2. Apoio de formigón vibrado oco HVH-2500/13 onde interconectará o punto fronteira Os Calzados coa rede de distribución de Unión Fenosa, S.A.
Lexislación de aplicación:
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A Coruña, 3 de marzo de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña


