Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19294

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

EXTRACTO da Orde do 11 de abril de 2017 pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á xuventude durante o ano 2017, e se procede á súa convocatoria.

BDNS: (Identif.): 343151.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios os concellos galegos, as mancomunidades de concellos de Galicia e os consorcios locais de Galicia constituídos exclusivamente por concellos.

Así mesmo, poderán ser beneficiarios as agrupacións de concellos, estremeiros e/ou dunha mesma comarca, que se xunten para os efectos de levaren a cabo unha iniciativa local conxunta. Neste suposto, todos os concellos quedarán obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á xuventude e convocar estas axudas para o ano 2017.

Coas iniciativas locais dirixidas á xuventude tratarase de fomentar a realización de actividades de educación non formal e a participación xuvenil no ámbito local, especialmente aquelas actividades enmarcadas nas áreas prioritarias de actuación establecidas na orde.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 11 de abril de 2017 pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á xuventude durante o ano 2017 e se procede á súa convocatoria.

Cuarto. Contía

A contía global da convocatoria é de 609.025,67 euros.

No caso das solicitudes individuais, as presentadas por un único concello, o orzamento total do proxecto non poderá ser superior a 6.000 euros.

No caso das solicitudes conxuntas, as presentadas por unha mancomunidade, consorcio local ou agrupación de concellos, o orzamento total non poderá superar os 15.000 euros se a entidade ou agrupación está formada por dous concellos, ou os 22.000 euros se está formada por tres ou máis concellos. O orzamento máximo previsto para as solicitudes conxuntas aplicarase tamén aos concellos resultantes de procesos de fusión municipal.

Financiarase o cento por cento do proxecto presentado. A contía máxima da axuda será a establecida, para cada suposto, no punto anterior.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

O período subvencionable abrangue desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2017.

A concesión da axuda tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. Para acceder á axuda requirirase unha puntuación mínima de 50 puntos na avaliación dos proxectos.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2017

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social