Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19268

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 71 do martes 11 de abril de 2017, procede efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 17295, na alínea a) do artigo 13, onde di:

«a) Calcularase a capacidade económica da persoa solicitante, sumando os ingresos líquidos anuais. Para estes efectos, teranse en conta as declaracións do IRPF correspondentes ao último exercicio do que a Administración tributaria dispoña de datos no momento de publicarse esta orde de convocatoria. No caso de que non exista a obrigación de presentar declaración do IRPF, ou no suposto das pensións ou prestacións que estivesen exentas de tributación polo IRPF, tomarase o dato que conste en poder do Instituto Nacional da Seguridade Social, así como en calquera outra Administración, en canto ao importe das pensións ou prestacións recibidas no exercicio 2016.»

debe dicir:

«a) Calcularase a capacidade económica da persoa solicitante, sumando os ingresos líquidos anuais. Para estes efectos, teranse en conta as declaracións do IRPF correspondentes ao último exercicio do cal a Administración tributaria dispoña de datos no momento de publicarse esta orde de convocatoria. No caso de que non exista a obrigación de presentar declaración do IRPF, ou no suposto das pensións ou prestacións que estivesen exentas de tributación polo IRPF, tomarase o dato que conste en poder do Instituto Nacional da Seguridade Social, así como en calquera outra Administración, en canto ao importe das pensións ou prestacións do último exercicio dispoñible».

Na páxina 17315, no anexo III, no cadro Situación de discapacidade e/ou dependencia, Recoñecemento de dependencia, onde di: «% de grao de discapacidade recoñecido», debe dicir: «Grao de dependencia recoñecido».